Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Os recordos do noso mar

O proxecto ten como obxectivo principal fomentar o benestar social e preservar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas dos Concellos de Vilaboa, Moaña e Cangas. A iniciativa está dirixida a mulleres, persoas mozas, persoas con Alzheimer e outras demencias, persoas con discapacidade e persoas que viven en zonas rurais, garantindo un enfoque inclusivo e interxeracional. 

O traballo de reminiscencia é o eixo central do proxecto, promovendo actividades que rescaten e poñen en valor as vivencias e o legado cultural vinculado ao mar. Deste xeito, preténdese crear espazos de encontro nos que a memoria colectiva teña un papel fundamental, reforzando o sentimento de identidade e comunidade.

Entre as iniciativas máis salientables do proxecto destacan:

1. Posta en marcha dun programa de actividades para persoas maiores en Vilaboa: Trátase dunha iniciativa pioneira que permite desenvolver un modelo de atención sostible e replicable, integrado no novo centro sociocomunitario do Concello de Vilaboa. O proxecto busca dotar este espazo de contido e dinamizalo, creando un programa de actividades vinculado á cultura mariñeira. A través de obradoiros, encontros e iniciativas interxeracionais, fomentase o envellecemento activo, a socialización e a posta en valor da memoria colectiva do mar en Vilaboa.

2. Revalorización do papel das mulleres vinculadas ao mar: O proxecto busca dar visibilidade ao papel fundamental das mulleres na cultura mariñeira, a través de actividades que recollan as súas historias de vida e vivencias. Participan mulleres que comparten a súa conexión co mar, incluíndo aquelas que traballan en mundos altamente masculinizados, como nas cooperativas de armadores e nos institutos de investigación. 

3. Espazos interxeracionais de aprendizaxe e xogo. XOGOS NA MARÉ:
Creanse espazos onde as crianzas poidan descubrir e experimentar xogos tradicionais relacionados co mar. Isto permite a transmisión de saberes e prácticas culturais entre xeracións, garantindo a continuidade destas tradicións.

4. Actividades de sensibilización ambiental sobre a conservación do mar e dos seus ecosistemas:O proxecto inclúe charlas e obradoiros sobre o impacto da contaminación mariña, a biodiversidade e as boas prácticas para protexer os ecosistemas costeiros. 

5. Actividades culturais vinculadas ao mar:

100 anos das prazas de abastos: Representacións didácticas sobre a evolución das prazas e a súa importancia na sociedade, con especial atención ao patrimonio material e inmaterial.
As peixeiras da patela: Posta en valor do traballo das peixeiras nas parroquias de Cangas e Moaña, mediante representacións e actividades didácticas.
Os botiforas: Celebración de festas vinculadas aos traballos do mar, incorporando actividades gastronómicas e culturais.

6. Intervención nos centros de persoas con discapacidade: Organización de obradoiros de reminiscencia, charlas e saídas para achegar o mar ás persoas usuarias, fomentando o contacto coa natureza e a participación en actividades culturais relacionadas co patrimonio mariñeiro.

A finalidade do proxecto busca fortalecer os lazos comunitarios, mellorar o benestar das persoas en situación de vulnerabilidade e preservar a riqueza cultural das zonas costeiras, asegurando a súa transmisión ás futuras xeracións. O proxecto fomenta a conexión interxeracional e a valorización do patrimonio mariñeiro, creando espazos de encontro e participación para promover o sentido de identidade e comunidade.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asoc. de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias do Morrazo - AFAMO
Datos de interese: 
https://afamomorrazo.es/
Perfil empresarial: 
AFAMO nace como asociación sen ánimo de lucro en setembro do 2000 cando un grupo de familiares de persoas afectadas por Alzheimer e outras demencias sinten a necesidade de plasmar as reivindicacións de un colectivo afectado polas consecuencias da demencia.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
11/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levarase a cabo no Concello de Moaña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33.660,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33.660,00
Total axuda pública aprobada (€): 
33.660,00
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
23.562,00
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
10.098,00
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral: Fomentar o benestar social e preservar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas dos Concellos de Vilaboa, Moaña e Cangas.   

Obxectivos específicos:

- Promover servizos de benestar social e atención ás persoas con discapacidade

- Preservar e transmitir o patrimonio cultural mariñeiro entre xeracións.

- Visibilizar o papel das mulleres na cultura do mar.

- Impulsar o envellecemento activo e a inclusión social a través do mar.

- Crear espazos interxeracionais de aprendizaxe e xogo.

- Dinamizar o territorio mediante actividades culturais e de sensibilización.

- Mellorar a eficiencia e difusión do proxecto a través das TIC.

- Promover a adaptación ao cambio climático mediante educación ambiental.

- Apoiar os produtos e entidades locais vinculadas ao mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Organización de eventos locais para reforzar a comunidade e a súa identidade, promovendo a participación e o sentido de pertenza.

- Establecemento de alianzas na comunidade coa participación activa de 13 entidades en prol da sensibilización e protección do medioambiente.

- Aumento da participación na comunidade nas actividades de promoción do patrimonio marítimo, xerando unha maior conciencia sobre a súa importancia.

- Implementación de medidas que contribúan á adaptación da comunidade ao cambio climático, protexendo o seu territorio e recursos marítimos.

- Sensibilización sobre a importancia de protexer as zonas mariñeiras, 

- Fomento da igualdade de xénero coa posta en valor da muller na cultura do mar. 

- Mellora nas funcións cognitivas, físicas e funcionais das persoas destinatarias, contribuindo a súa calidade de vida. Redución dos síntomas psicopatolóxicos 

- Aceptación e acollida do programa na comunidade, obtendo o 80% de satisfacción das persoas destinatarias.

Principais actividades do proxecto: 

1. ACTIVIDADES DE VALORIZACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR 

- Actividades nas prazas de abastos

2. ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN AMBIENTAL

- Charlas sobre o impacto da contaminación mariña

- Divulgación en confrarías

- Charlas sobre reciclaxe

- Xornadas de limpeza en praias e espazos costeiros

3. ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL

- Charlas para fomentar a revalorización do papel das mulleres no sector do mar

Actividades de dinamización do territorio:

- As peixeiras da Patela

- Xogos na Maré

- Os Botiforas do Mar

- Visitas aos estaleiros de Sueste

- Visita ao Museo Meirande para coñecer a historia da embarcación restaurada "Manuel" 

4. OBRADOIROS TERAPÉUTICOS DE REMINISCENCIA

Sesións nas que, a través de relatos, fotografías, obxectos e sons do mar, as persoas dos centros compartirán lembranzas vencelladas á vida mariñeira, favorecendo a memoria e o benestar emocional. Ademais incluirase obradoiros de construción de enredos do mar con materias reciclados como espazos creativos.

 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o pat rimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 4.2:Fomento do benestar social da comunidade do territorio

Actuación 4.2.1:Promoción de servizos de benestar social e atención ás persoas con discapacidades (PCD) no ámbito do territorio do GALP.

- Proxectos que promovan a inclusión laboral, social, cultural e recreativa de colectivos vulnerables.

- Promoción de proxectos de servizos de asistencia destinados a colectivos vulnerables.
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)