Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación de proxectos aprobados no GALP Ría de Vigo - A Guarda

O día 3 de setembro de 2020 realizouse no Edificio “Virxe do Carme” do Porto de Vigo, unha xornada de presentación de proxectos aprobados pola Consellería do Mar na zona GALP Ría de Vigo – A Guarda.

A xerente do GALP, Elena Herbello comentou aos presentes a orde de axudas e a estratexia de desenvolvemento local participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda

Os promotores presentaron os seguintes proxectos:

  • “Algas comestibles” solicitado por H.Q. Seaweed, presentado por Sergio García Gil
  • “Bikeseaway: A Ría ao teu ritmo” solicitado por Meseybuco, S.L., presentado por Daniel Rodríguez Rodríguez
  • “Proxecto innovador, mellora de procesos, novos produtos” solicitado por Frigoríficos de Vigo, S.A. presentado por Darío Iglesias Vázquez
  • “Glamping do mar” solicitado por Glamping do mar, S.L., presentado por Mario Camiña e Jonatan López Pérez
  • “Albergue mariñeiro: A dársena do francés”, solicitado por Jose Jacinto Acuña Soteliño e presentado por el mesmo
  • “Pescaturismo na contorna do Arquipélago de Cíes”, solicitado por Francisco Javier Costa García e presentado por el mesmo.
  • “Recuperando o litoral: accións de mellora patrimonial e ambiental” solicitado polo Concello de Nigrán e presentado por Cristina Dosil
  • “Os mares de baixura: unha web para formar e informar”, solicitado pola Asociación Mar Seguro de Galicia, e presentado por Paula Prado

Os promotores presentaron os resultados dos seguintes proxectos:

  • “Aulamar” solicitado polo Concello de Nigrán, presentado por Rubén Martínez
  • “Xesalcomp”, solicitado pola Confraría de pescadores de Vilaboa e o Concello de Vilaboa, presentado por Elisa Romero González
  • “Coñecendo os recunchos da nosa ría”, solicitado por Tierra y mar multiaventura, S.L., presentado por Rubén Martínez