martes, 27 de Outubro de 2026 - 12:10

O pasado día 11 de setembro tivo lugar unha xornada de pesca - turismo no territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda.
Nesta ocasión, os asistentes puideron formar parte da experiencia "Pescaturismo na Ría de Aldán" a bordo do barco "Cruceiro do Hío". A experiencia permitiu navegar pola Ría de Aldán ata unha batea e coñecer de primeira man o traballo diario dos profesionais do cultivo dos mexillóns.
A actividade forma parte do proxecto de cooperación dos GALPs galelgos "Mar e Rías: Pesca & Turismo".

