
Trátase da apertura dun centro de traballo da emprea Fresco y del Mar no porto de Muros para mellorar a loxística da súa xestión, incorporarán equipamento e melloras na páxina web que lle permita un mellor rastreo das vendas e incluirán o desenvolvemento dun novo produto baseado en afumados que lle permite chegar a países europeos
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo do proxecto é dotar á web de Fresco y del Mar dunha serie de capacidades que facilite a xestión da web e as operacións da pescadería online. Tamén dispor dunhas instalacións renovadas para o procesado do peixe e marisco que comercializa Fresco y del Mar, así como desenvolver novos produtos transformados de peixe e marisco procedente da Ría Muros-Noia, da Costa da Morte e que foi capturado mediante a pesca artesanal e sostible.
Mediante as melloras na web conseguirase una maior eficiencia nos recursos destinados á xestión da web, unha maior satisfación do cliente e unha mellora nas xestións das operacións. Tamén se incluirán na web información sobre as ventaxas para o consumidor dos peixes e mariscos capturados mediante pesca artesanal e se comunicarán o valores que a pesca artesanal supón.
Coas melloras das instalacións, Fresco y del Mar terá unhas instalacións mais acordes coa actividade que realiza, e aptas para o incremento das vendas que se produciu nos últimos meses.
Fresco y del Mar desexa desenvolver e lanzar novos produtos ao mercado, sendo todos eles preparadados de peixe e marisco procedentes da ría de Muros-Noia, da Costa da Morte, e que fora capturado mediante a pesca artesanal e sostible.
Cos novos produtos a desenvolver, Fresco y del Mar poderá comercializalos noutros países da UE, de onde tivemos moitas peticións de oferta pero que é moi difícil de atender, debido ao prazo tan curto no que o produto debe ser consumido.
-Implementación dunha serie de melloras na páxina web orientadas a mellora da xestión da mesma, así como a operativa da xestión de pedidos que son enviados aos clientes.
-Obras de mellora no local de Fresco y del Mar situado nos locais de Portos de Galicia en Muros, consistente en demolicións de tabiques existentes, novo pavimento, pintura en paredes, instalación eléctrica e fontanería. Adquirirase un novo equipamento, como mesa de traballo de aceiro inoxidable, báscula de pesaxe, envasadora ao baleiro e equipamento informático.
-Desenvolvemento de novos produtos a comercializar a base de peixe e marisco da ría de Muros-Noia e Costa da Morte, capturados mediente pesca artesanal e sostible. Os produtos serán desenvolvidos coa colaboración de cociñeiros, expertos en alimentación e márketing.
-Tamén se realizarán accións de difusión da pesca artesanal, como charlas en colexios, colaboración con diferentes universidades en conferencias e en cursos que fomenten a pesca artesanal. Participar en iniciativas como Restauramar, para impulsar un selo de calidade entre restaurantes que utilicen os peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.
1.Sector Pesqueiro
1.1.2.2 Portais web de comercialización de produtos da pesca artesanal local
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)