
O proxecto de ampliación do Museo do Mar de Noia consiste nun proxecto de obra mediante o cal se ampliará o espazo expositivo e de acttvidades do museo, integrando no mesmo parte da muralla medieval do Casco Histórico de Noia. A finalidade principal e de dar cabida suficiente ao material expositivo do museo dotándoo de novas tecnoloxías para unha mellor difusión do patrimonio cultural e histórico que albergue o museo. Asemade, asignar de mais capacidade de espazo ao museo responde á necesidade de atender mellor ao grande volume de visitas que recibe o museo diariamente. Deste xeito, favorecerase o número de actividades ofertadas e promoverase tamén o fluxo de turistas á vila de Noia ademais de poñer en valor o patrimonio e memoria mariñeiros.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-Ampliación do edificio do Museo do Mar de Noia, e a integración no mesmo da muralla medieval.
-Creación e dotación de novos espazos expositivos e ampliacións dos servizos e actividades ofertadas.
-Dotación de novas tecnoloxías ao centro museístico.
-Mellora da infraestructura do Museo do Mar de Noia.
-Ampliación do espazo expositivo.
-Mellora do servizos para o visitante.
-Dotación de novas tecnoloxías para unha mellor experiencia dos visitantes.
-Mellora da prestación de servizos museísticos.
-Ampliación das actividades ofertadas.
-Integración da muralla medieval no edificio do Museo.
-Maior coñecemento do Museo a nivel rexional e nacional e do patrimonio etnográfico, mariñeiro e cultural que alberga.
-Favorecemento do fluxo de visitantes que recibie o Museo.
-Mellora da atracción do Museo para os visitantes.
-Programación de actividades de maior calidade polo disposición de novos espazos axeitados.
-Incremento sustancial do patrimonio cultural recuperado valorizado, contribuíndo ao reforzo da identidade territorial,a proxección internacional e a dinamización social e turística.
-Recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo costeiro.
-Proxecto arquitectónico executivo Determina a configuración definitiva do museo e a resolución dos distintos espazos, atendendo a criterios de funcionalidade, respecto aos valores do edificio e versatilidade das instalacións. Coa ampliación do mesmo permitirase a diversificación e profesionalización da oferta de actividades do museo.
-Integración do edificio coa muralla medieval de valor patrimonial histórico e dinamización a rúa coa propia planta baixa do museo plantexada como unha praza aberta ao viandante con claras similitudes ao plantexamento dunha antiga praza de abastos.
-Actividades. O maior espazo museístico permitirá deseñar unha nova oferta de actividades como visitas guiadas polo museo, charlas, eventos ou novos espazos expositivos que dean visibilidade a todo o volume de pezas de valor etnográfico, histórico e cultural mariñeiro. O proxecto contempla unha nova sala para a exposición permanente de maquetas de motores a pequena escala de funcionamento a partir de aire comprimido.
-Novas tecnoloxías. Inclúe soportes dixitais expositivos de carácter divulgativo, equipamento multimedia par as salas de exposición, elementos de mobiliario e equipacións diversas, así como unha web para a súa promoción en internet.
-Modelo de coxestión. O museo será xestionado como ata a data pola asociación do Museo do Mar, se ben se contempla a posibilidade de contratar no futuro a persoal se a demanda do museo así o require. A asociación ven xestionando de xeito voluntario o museo dende hai 13 anos e está conformada por máis de 200 profesionais voluntarios (dende capitanas, mariscadoras, biólogas, xeólogos, escritores......). O 25% deles está en activo e unah gran parte está formada por mulleres (faise compricado estableces a porcentaxe posto que o volume a rede de voluntarios é moi grande e cambiante).
Obxectivo estratéxico 3. Patrimonio natural e cultural.
3.2.1.1 Creación de equipamento museístico e áreas interpretativas vinculados a posta en valor do patrimonio natural e cultural.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)