
O proxecto presentado consiste na creación dun espazo adicado á venda de produto do mar, cun novo concepto de transformación e comercialización en sintonía ás novas tendencias de consumo. Dito proxecto vai potenciar considerablemente a actual actividade do promotor, no sentido que vai a propoñer unha oferta de produto aliñada cos novos hábitos de consumo. Proponéndose dúas liñas diferenciadas: unha sin elaborar (o que viría sendo unha peixería convencional) e outra de produto elaborado (seafood), incorporando dentra desta segunda liña de comercialización, produto para levar (take away) e outro para degustar no propio local.
Todo isto arroupado cunha imaxe e concepto actualizado de comercialización, packaging, venda, presentación, etc.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.
Permite:
-Introducir innovación nos procesos de transformación e comercialización do sector pesqueiro.
-Incrementar a competitividade grazas a efeciencia e innovación no proceso transformador e comercializador do sector pesqueiro.
-Manter e ampliar o emprego asociado ao mar grazas ao incremento do consumo que se deriven da nosa actividade.
-Control de capturas que garantice a sostibilidade da actividade pesqueira.
-Crear unha variada diversificación de actividades: restaurante degustación, punto de información, centro de reservas, tenda onde se poden comercializar produtos de empresas apoiadas previamente polo GALP. Polo tanto, permite potenciar o clube de produto Margalaica.
-Xerar unha actividade de degustación e gastronomía integradas no programa KM0 Margalaica e PescadeRias.
-Servir de apoio á comercialización da oferta doutras entidades privadas (especialmente as apoiadas con recursos do GALP en anos precedentes, e as que se poidan apoiar no futuro).
-Divulgar a oferta de actividades abandeiradas por entidades públicas (A ruta dos faros) ou programas públicos (iniciativa Km0 Margalaica).
O proxecto abarca o desenvolvemento de tres actividades de diversificación nunha única unidade de negocio:
1. Tenda polo miudo de peixe e marisco fresco: Peixería.
A venda de produto sen elaborar é unha pata do proxecto, ainda que non a que máis demanda teña, xa que non nos deferenzará en gran medida doutras peixerías xa existentes. Se ben a presentación, a accesibilidade nunha franxa horaria máis ampla, e a variedade e surtido, sexan ventaxas adicionais. Trátase dunha actividade non principal, pero coherente co modelo de negocio, xa que ao ter a materia prima poderemos facer venda de produto fresco e a presenza visual para o público cara a reforzar a actividade principal.
2. Tenda polo miudo de peixe e marisco transformado e elaborado seafood (opción para levar ou para degustar).
É o eixe principal deste proxecto,a venda de produto de peixería transformado e elaborado, listo para degustar, sen esperas, sen formalidades, sen prezos abusivos, nun ambiente casual, distendido, ameno, cunha presentación diferente, nuns formatos adaptados aos novos tempos e aos novos gustos,e arroupado doutra serie de produtos que incentiven e/ou amenicen o seu consumo. Creando un espazo diferente e unha modalidade de consumo diferente ao existen e coñecido; transformación do produto dun xeito diferente, mais atractivo e buscando sabores actuais; racións individuais, presentadas en formatos de packaging actual, buscando elaboracións sinxeclas de comer, principalmente coas mans.
3. Tenda de produtos relacionados: corner.
Trátase dunha actividade non principal, pero coherente para aportar valor engadido aos clientes das outras liñas de negocio, e para valorizar produtos galegos relacionados co mar e co territorio. Terá formato de corner e estará instalada na parte baixa do local en vitrinas expositivas.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector pesqueiro
1.1 Fomento dun sector pesqueiro sostible ambientalmente, eficiente no uso dos recursos, innovador, competitivo e baseado no coñecemento.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)