Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aberto o prazo de de inscrición en “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” 2022

O programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal, é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

A campaña está dirixida a escolares de infantil e primaria de entre 5 e 12 anos de idade dos municipios de A Mariña Lucense (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo).

O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións ao entorno litoral de A Mariña Lucense, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Cada centro educativo poderá solicitar a participación de balde na campaña  que inclúe unha charla/presentación no centro, e unha xornada de actividades. Cada grupo pode escoller dúas ou tres actividades, para realizar ao longo dunha xornada. O número de participantes por cada centro limitarase a 50 escolares, ampliable dependendo da dispoñibilidade de prazas.

Prazo de inscrición: ata o 19 de abril de 2022

As actividades realizaránse do 19 de abril ata o 22 de xuño de 2022

As diferentes actividades que poden realizar os centros educativos son:

  • Obradoiro de limpeza de praias
  • Roteiro ornitolóxico de observación de aves
  • Obradoiro de especies invasoras
  • Roteiro interpretativo da Ría
  • Roteiro interpretativo intermareal
  • Museo Provincial do Mar
  • Carpintería de Ribeira
  • Redeiras Cabo Burela
  • Peixería O Almacén do Peixe
  • Lonxa de Burela
  • Barco Museo Reina del Carmen
  • Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo
  • Kaiak e Surf

 

Máis info: http://maresdecultura.es/aberto-o-prazo-de-inscricion-en-mares-de-cultur...