
Proxecto de carácter divulgativo, sensibilizador e inclusivo, que abrangue 9 actividades coa finalidade de pór en valor o traballo realizado pola Confraría de Burela durante un século, para dar un maior recoñecemento do seu papel como entidade dinamizadora da zona costeira no ámbito social, económico, medio ambiental e cultural, e impulsora de medidas desde o sector pesqueiro cara a veciñanza e poñendo en valor os recursos do mar. As actividades consistirán en: Realización de mural na fachada frontal e lateral da Confraría deseñado polo alumnado de Belas Artes do IES MONTE CASTELO baixo a dirección e execución de artistas, onde se combina arte coa historia do porto de Burela e que honrará a mulleres e homes do mar de Burela, o mural contará con alumeado de enerxía solar renovable, promovendo a eficiencia, rentabilidade e sosteñibilidade do medio ambiente, unha vez realizado farase unha adaptación, para que as persoas con discapacidade visual poidan acceder ao seu contido. Unha mesa redonda onde interveñen varias persoas directamente implicadas na Confraría ao longo da súa historia, co fin de coñecer o papel desta entidade social e o que supuxo para o desenvolvemento da Burela que coñecemos hoxe en día. Homenaxe ás mulleres do mar de Burela, a través dunha recompilación de fotografías e posterior exposición onde as paredes do interior da Confraría servan de lenzos permanentes, para dar a coñecer o mundo do mar e por en valor os oficios tradicionais desenvoltos por mulleres no Porto de Burela (peixeiras, redeiras, mariñeiras, conserveiras, etc.). Un campamento mariñeiro, donde un grupo de adolescentes converteranse en “mariñeiros e mariñeiras” durante 2 días, recepcionados polo Patrón Maior, visitarán as dependencias da Confraría, así como aos redeiros e redeiras, coñecerán e pernoctarán no Barco Museo Reina del Carmen, asístirán ás subastas de peixe na lonxa de Burela, farán unha visita á faia xeolóxica de Burela, e se o tempo o permite farase unha ruta en kaiaks ata chegar á Igrexa de Coedo. Exposición permanente con cadros dos patróns maiores dos 100 anos da Confraría. Xornada interxeracional a adicada á música mariñeira e da terra, onde distintas bandas tradicionais de Burela recordarán os tempos do mar en que a música servía de distracción para os mariñeiros, nela convivirán persoas maiores e mozas, quenes se enriquecerán de experiencias e aprendizaxes claves que lles invite a seguir co traballo no sector pesqueiro. Realización de audiovisual conmemorativo do Centenario e gravado en USBPENDRIVE onde se fai un percorrido pola historia da Confraría e do pobo, desde a Burela de principios de século, os seus barrios e a súa tradición mariñeira, ata a Burela do século XXI, contando con testemuñas dos seus principais protagonistas. Breve libriño onde se pode visualizar a historia da Confraría durante os 100 anos de vida e a súa aportación socioeconómica e labor social, contribuíndo a facer a Burela que hoxe en día coñecemos, así como un recompilatorio de todas as actividades realizadas co motivo do seu Centenario. A través do libriño tamén se levará a cabo unha homenaxe aos náufragos de Burela.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Recoñecer o traballo realizado pola Confraría de Pescadores de Burela e converter a entidade nun axente activo de apoio ao sector do colectivo marítimo-pesqueiro.
- Valorización e fomento da participación das mulleres e atracción de persoas mozas ao mundo do mar.
- Visibilizar o traballo da Confraría a través de actividades levadas a cabo para a celebración do seu centenario e maior presencia nos medios de comunicación.
- Pór en valor os oficios tradicionais e actividades artesanais vinculadas ao sector.
- Reforzar o papel das mulleres dentro dos oficios mariñeiros para favorecer e a igualdade de xénero e a non discriminación.
- Promocionar xornadas interxeracionais que dean conta da relevancia da actividade pesqueira.
- Converter a Confraría nunha institución accesible para todas as persoas.
- Incremento da participación e a integración da mocidade no sector pesqueiro.
- Incremento da participación e a incorporación das mulleres nas actividades marítimo pesqueiras.
- Aumento da visibilidade e empoderamento das mulleres que traballan no sector pesqueiro.
- Incremento da recuperación e valorización do patrimonio cultural vinculado ao mar e ás actividades marítimo pesqueiras.
- Aumento do uso de sistemas enerxéticos máis eficientes e ecolóxicos.
- Incremento da accesibilidade e da integración real e efectiva.
- Incremento do recoñecemento do papel da Confraría como entidade dinamizadora do ámbito local.
- UN MAR DE ARTISTAS: Realización de mural na fachada frontal e lateral da Confraría deseñado por alumnado de Belas Artes (IES MONTE CASTELO) baixo a dirección/execución de artistas, combinando arte coa historia do porto de Burela. Participarán persoas con discapacidade. Alumeado de enerxía solar renovable. Dirixida á mocidade, persoas con capacidades diferentes e, unha vez rematada, a toda a veciñanza.
- A MULLER E O MAR: Homenaxe ás mulleres do mar de Burela, onde a través de experiencias vivas se pón en valor os oficios desenvoltos por mulleres (peixeiras, redeiras, mariñeiras, conserveiras, etc). Dirixida a toda a veciñanza.
- XENTE DA CONFRARÍA E DO MAR: Mesa redonda onde interveñen varias persoas directamente implicadas na Confraría ao longo da súa historia. Dirixida a toda a poboación.
- O PORTO DE BURELA EN CLAVE FEMENINA: Recompilación de fotografías e posterior exposición onde as paredes do interior da Cofradía servan de lenzos permanentes, para dar a coñecer o mundo do mar e por en valor os oficios desenvoltos por mulleres (peixeiras, redeiras, mariñeiras, conserveiras, etc.). Dirixida a toda a veciñanza.
- CULTURA MARIÑEIRA INCLUSIVA: Adaptación do mural da fachada frontal e lateral da Confraría, para que as persoas con discapacidade visual poidan gozar das mesmas, converténdose nunha institución accesible para todos/as. Dirixida a persoas con discapacidade visual e veciñanza.
- CAMPAMENTO MARIÑEIRO: 10 adolescentes serán “mariñeiros/as" nun campamento de 2 días, somerxéndose pola Confraría (Arquivo Histórico, Sala Radio Costeira, Fábrica de Xeo), tertulia con xubilidados do mar, lonxa (coñecer especies capturadas en Burela na subasta de peixe), falla e Igrexa de Coedo (visita en kaiacs), Barco Museo Reina del Carmen e mesmamente pernoctar nel. Dirixida á mocidade.
- CADROS DE HONRA PATRÓNS MAIORES: Histórico dos presidentes e patróns maiores nos 100 anos da Cofradía. Dirixida á poboación en xeral
- AO SON DO MAR: Xornada interxeracional, adicada á música mariñeira e da terra. Bandas tradicionais recordarán tempos do mar en que a música era a distracción dos vellos mariñeiros. Convivirán persoas maiores e mozas, enriquecéndose de experiencias e aprendizaxes claves que lles invite a seguir co traballo no sector pesqueiro. Dirixida a mozos e maiores en particular e poboación en xeral.
- 100 ANOS, TEN HISTORIA: Audiovisual conmemorativo e gravado en USB con percorrido pola historia da Confraría, desde a súa creación ata hoxe. Testemuñas dos principais protagonistas, evolución do porto, labor social e a participación no desenrolo de Burela. Presentación e divulgación. Dirixida á mocidade e á veciñanza.
- LIBRIÑO DOS 100 ANOS DA CONFRARÍA: Onde se pode visualizar a historia da Confraría durante os 100 anos, un recopilatorio de todas as actividades realizadas co gaio do seu Centenario e homenaxe ós náufragos.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases de cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.2. Facer das actividades marítimo pesqueiras un ámbito de empregabilidade de colectivos menos favorecidos e de cohesión social na Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

