Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CEDEIRA-MAR DE VIDA: PROMOCIÓN DO PRODUTO MARIÑEIRO COMO FONTE DE SAUDE E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

O proxecto consiste na realización de diferentes accións divulgativas (obradoiros, participación da hostalaría, etc.) dirixidas ao fomento do consumo e elaboración de produto pesqueiro local , tanto o pesqueiro-marisqueiro como o agro, fomento do consumo de alimentos de KM0 (máis sostible e sen pegada de carbono) e fortalecemento de hábitos de vida saudable entre a poboación local, especialmente coas novas xeracións, poñendo especial foco na pesca local e fomentando a actividade física xunto cunha alimentación equilibrada, traballando principalmente con escolares a través de obradoiros no centro educativo de Cedeira: IES Punta Candieira, onde se tratará de por en valor o produto pesqueiro e marisqueiro local , preparando un material didáctico específico e participando cociñeiros locais e prescriptores do exercicio que acheguen aos nenos e nenas hábitos de vida saudable a través de receitas baseadas no produto local e a práctica de actividade física na contorna privilexiada de Cedeira.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00111
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE CEDEIRA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
32
Anualidades: 
2024, 2025 e 2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Cedeira (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
61.674,72 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
61.674,72 €
Total axuda pública aprobada (€): 
61.674,72 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
43.172,30 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
18.502,42 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Poñer en valor o produto local, tanto o pesqueiro-marisqueiro como o agro.

- Fomentar o consumo de alimentos de KM0 máis sostible e sen pegada de carbono.

- Interesar ás novas xeracións na elaboración de platos con produtos locais.

- Fortalecer os hábitos de vida saudable entre a poboación local, especialmente coas novas xeracións ao mesmo tempo que estes actúan como prescriptores do envellecimento activo.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Aumento do consumo do produto pesqueiro e marisqueiro e agro local na poboación xeral grazas á creación de material didáctico e divulgativo sobre estes como alimentos de KM0 sostibles e a súa difusión nas redes sociais do concello.

- Incremento do consumo de produto pesqueiro e marisqueiro e agro local entre as novas xeracións, grazas á súa posta en valor nos obradoiros escolares e nas saídas polo litoral.

- Aumento da actividade física ao aire libre entre a poboación local, grazas á súa promoción nos obradoiros escolares e nas saídas polo litoral.

- Aumento da valorización do produto pesqueiro e marisqueiro e agro local e a súa extracción sostible na poboación xeral grazas á creación de material didáctico e divulgativo sobre esta actividade litoral e a súa difusión nas redes sociais do concello.

- Mellora dos hábitos de vida saudables entre as novas xeracións grazas ás iniciativas presentadas no certame escolar.

Principais actividades do proxecto: 

- Deseño dun “caderno saudable" que ilustre de forma atractiva, con pequenos textos e imaxes, o valor do litoral de Cedeira e a súa biodiversidade, os espazos extractivos na vila, os produtos pesqueiros e marisqueiros e agro locais, ideas de receitas e actividades para realizar na contorna, etc. A información repartirase ao longo da libreta, de xeito alterno, deixando espazo para interactuar coas actividades propostas e para notas. O caderno estará adaptado ao alumnado con necesidades especiais que poida haber nas aulas a través de pictogramas, tamaño de letra axeitado e disposición clara dos contidos.

- OBRADOIROS CON ESCOLARES para traballar os contidos sobre vida activa en colaboración con prescriptores de exercicio; facendo sempre fincapé na importancia do coidado dos recursos litorais, a biodiversidade e o medio mariño, e contando co material didáctico de apoio (caderno saudable). As sesións estarán adaptadas ás posibles necesidades especiais detectadas nas aulas, asegurando a inclusividade da actividade.

- CERTAME ESCOLAR DE ESTILO DE VIDA SAUDABLE sobre hábitos de vida sa con categorías tanto de alimentación como de vida activa.

- RUTAS GUIADAS PARA A POSTA EN VALOR DO TERRITORIO, ALIMENTACIÓN SA E PRÁCTICA DE EXERCICIO co foco nas familias dos nenos e nenas para que estes exerzan como “Embaixadores/as de vida saudable”. Estas rutas estarán a cargo dun/ha guía homologado/a para as actividades en medio natural e un/ha acompañante; e contarán cun seguro de responsabilidade civil e accidentes.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)