Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CELEIRO: 100 ANOS DE TRADICIÓN PESQUEIRA

Proxecto enfocado na promoción do patrimonio cultural pesqueiro de Celeiro, a súa tradición e identidade, que fan del un dos portos mais importantes do Norte de Galicia. Conmemoración dos 100 anos de traballo da Confraría, mediante a realización das seguintes actividades: Exposición permanente de maquetas de barcos emblemáticos do Porto de Celeiro, exposición de testemuñas mediante entrevistas en paneis, vídeo que se proxectará nas visitas, exposición fotográfica con imaxes históricas pertencentes ao arquivo de Celeiro, pinturas de patróns maiores da Confraría, elementos únicos como a acta de constitución, a medalla de ouro centenaria, máquinas antigas, instalación dun reloxo de mareas completamente funcional. Unha vez a conformada a exposición, con todos os seus elementos listos para as visitas, realizarase un acto de inauguración da mesma, onde procederase a descobrer o reloxo de mareas e facer unha visita inaugural pola Confraría e todos os elementos da exposición. Contarase con música e degustación de merluza de celeiro xunto cun showcooking, convertendo o acto nunha festividade onde se difunda o proxecto e se poña de manifesto a cultura mariñeira e o patrimonio pesqueiro de Celeiro. A exposición permanente quedará aberta no horario da Confraría, levaranse a cabo visitas guiadas en grupo, tanto a escolares como a adultos, estas visitas terán carácter gratuito, promoveranse en centros escolaras e oficinas de turismo co obxetivo de dar a coñecer o complexo mar-industria de Celeiro e a sua importancia histórica e cultural. As visitas comezarán na lonxa e porto de Celeiro, continuarán cunha parada no heliporto para coñecer o "Pesca 2", a sua actividade e a importancia en seguridade e terminará na exposición permanente da Confraría.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00085
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
COFRADIA DE PESCADORES SANTIAGO APOSTOL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Celeiro (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
138.310,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
138.310,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
138.310,00 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
96.817,00 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
41.493,00 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- O obxetivo principal do proxecto e o de dar a coñecer ó público en xeral a relevancia da actividade pesqueira, da súa tradición e da súa cultura. Para isto o levaranse a cabo accións que dignifican as actividades marítimo pesqueiras, tales como a posta en valor dos recursos patrimoniais que posue a cofradía de celeiro mediante unha exposición permanente. Ademáis, exercense accións de empoderamento e visibilización da muller na pesca celeirense, valorizando seu traballo.

- Outro dos obxectivos do proxecto e o de por en valor o producto pesqueiro mediante visitas guiadas no porto onde, a pe de muelle, os visitantes poden coñecer a lonxa, o porto pesqueiro e os barcos e demáis elementos que forman parte do esquema socioeconómico do complexo mar-industria de Viveiro.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Con este proxecto preténdese xerar unha difusión grande, dando a coñecer a tradición pesqueira e a importancia de Celeiro como porto do noroeste peninsular. Co acto de inauguración da exposición, preténdese congregar a mais de 200 persoas de Celeiro, dandoa a coñecer e xerando mensaxes de interés tanto en redes sociais como en medios de comunicación.

- En canto a instalación do reloxo de mareas, servirá como símbolo da cultura mariñeira e perdurando en Celeiro como tal para todos os visitantes desta vila mariñeira.

- Outro resultado tanxible é a incidencia do proxecto no relevo xeracional no sector pesqueiro, xa que transmitir a nenos e nenas de toda Galicia a importancia e oportunidades no sector pesqueiro sen dubida axudará a mitigar o problema, destacando ademáis o papel da muller no sector e visibilizando as oportunidades.

Principais actividades do proxecto: 

1) Exposición permanente:
Levarase a cabo unha exposición incluindo os seguintes elementos:
- Maquetas de barcos emblemáticos de Celeiro: Estas maquetas serán cecidas a exposición de forma gratuita polo dono das mesmas. Destacan barcos pesqueiros que aínda seguen en activo en celeiro, realizados en madeira a escala 1:22.
- Exposición de testimonios mediante entrevistas. Con estas entrevistas faranse paneles para a exposición así como un vídeo que se proxectará as visitas da exposición.
- Exposición fotográfica: Serán utilizadas imaxes históricas pertencentes o arquivo repositorio de Celeiro, que tras ser tratadas contarán a historia da cofradía, seus 100 anos e a sua importancia no desenvolvemento de Celeiro.
- Pinturas dos patróns maiores da cofradía: Incluiranse dentro da exposición pinturas de todos os patróns maiores da cofradía xunto cun texto explicativo.
- Elementos únicos: A exposición contará con elementos únicos tales como a acta de constitución da cofradía, a medalla de ouro centenaria ou máquinas antigas, a través de estes elementos contarase o paso do tempo da cofradía.
- Reloxo de mareas: Nas inmediacións da cofradía construiráse un reloxo de mareas completamente funcional e único en España.
- Inauguración da exposición permanente: Unha vez a exposición esté conformada, con todos os seus elementos listos para as visitas, realizarase un acto de inauguración da mesma, onde procederase a descobrer o reloxo de mareas e facer unha visita inaugural pola cofradía e todos os elementos da exposición.

2) Visitas guiadas:

Ademáis de que a exposición estará aberta permanentemente no horario da cofradía, levaranse a cabo visitas guiadas en grupo tanto a escolares como a adultos, estas visitas de caracter gratuito se promoverán en centros escolaras e oficinas de turismo co obxetivo de dar a conocer o complexo mar-industria de celeiro e a sua importancia histórica e cultural. As visitas comezarán na lonxa e porto de Celeiro. Continuará cunha parada no heliporto para coñecer o "Pesca 2", a sua actividade e a importancia en seguridade e terminará na exposición permanente da Cofradia.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)