
O proxecto consiste na adquisición dunha furgoneta isotermo co obxectivo xeral de consolidar a empresa no sector e incrementar o seu volume de negocio e cos obxectivos específicos de fortalecer a cadea de distribución (lonxa, distribuidores, consumidor) ó manter a cadea de frío, o que repercute directamente na calidade do peixe e do marisco. Por todo isto contribúe a consolidar os postos de traballo dos autónomos da empresa.
Sinalar que a venda de produtos de calidade a negocios de restauración e hostalaría da Mariña, leva aparellado unha forte divulgación das especies capturadas de forma artesanal e sustentable, sobre todo nas tempadas de verán debido ó incremento da demanda derivado do turismo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Dotar dunha maior competitividade á empresa ó facilitar a repartición do produto sen perder a cadea de frío e reforzar así a posición social do sector pesqueiro no territorio.
Conseguir unha mellora da calidade de conservación dos produtos para ser mais competitivos no mercado.
Buscar unha diferenciación do produto en base a calidade do mesmo.
Incremento da facturación.
Maior notoriedade da entidade a nivel empresarial.
Estabilidade no emprego autónomo.
Melloras na distribución dos produtos.
Adquisición dun vehículo con isotermo.
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)