
Proxecto promovido por un pescador propietario dunha embarcación de pesca costeira artesanal, que consiste en mellorar as condicións de traballo e os procesos na cadea loxística e de distribución dos produtos pesqueiros e marisqueiros.
O promotor vai adquirir unha furgoneta para o transporte en óptimas condicións (mediante un caixón isotermo), do peixe e marisco (percebe) dende a embarcación ata os puntos de venda en lonxa, o que garantirá a calidade e a frescura destes produtos.
A súa localización será na sede da empresa, no Folgueiro, en O Vicedo (Lugo).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Conseguir unha empresa máis competitiva, que poida garantir unhas condicións óptimas de conservación do peixe e marisco procedente da pesca artesanal.
-
Consolidar os postos de traballo dos xoves na pesca costeira artesanal.
-
Conseguir unha empresa máis competitiva, creada por un pescador xove.
-
Mantemento de emprego existente.
-
Mellora da cadea loxística do peixe artesanal, resultando nun aumento da competitividade do sector pesqueiro.
Compra dunha furgoneta isotérmica para o transporte de pertrechos e do peixe e marisco ata a lonxa.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña - Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)