Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Vicedo, Historia e Cultura Mariñeira

Proxecto conxunto, que pretende deseñar e poñer en marcha un plan de actividades para dinamizar turísticamente o Concello do Vicedo.

Co desenvolvemento deste proxecto vaise promocionar e poñer en valor o patrimonio cultural e natural do territorio a través da colaboración dos diferentes axentes. Os axentes implicados no proxecto van colaborar entre si para o impulso e promoción de iniciativas turísticas singulares no territorio, fundamentalmente, relacionado coa cultura histórica e mariñeira.

Por un lado o Concello desenvolverá principalmente as actividades relacionadas coa Romaxe Viquinga e as xornadas de formación e sensibilización e, por outra banda, a ACIA do Vicedo dedicarase principalmente á Festa do Chicharro e á Festa da Ostra.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello do Vicedo Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) do Vicedo
Datos de interese: 
http://www.marinalucense.net/evento/romaxe-vikinga-vicedo/
Perfil empresarial: 
Concello e Asociación do Sector Económico
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
02/12/2016
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
11
Anualidades: 
2016-2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

O Vicedo (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.220,18
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
48.220,18
Total axuda pública aprobada (€): 
23.472,18
% Subvención: 
48,6
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
19.951,35
FEMP (%): 
85
CA (€): 
3.520,83
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Dinamizar a actividade turística no territorio, especialmente, a través do turismo mariñeiro.

- Promocionar e poñer en valor os recursos culturais e naturais coma os produtos gastronómicos do mar.

- Fomentar e fortalecer o capital social do territorio.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Desenvolvemento turístico e polo tanto, tamén económico do Concello do Vicedo a través da organización e celebración de distintos eventos de posta en valor da cultura e dos produtos do mar.

- Diversificación económica do territorio.

- Coñecemento da zona costeira resaltando a referencia común para tódolos concellos que conforman o GALP.

- Aumento da colaboración e conexión entre as entidades do sector turístico e pesqueiro así como do resto de entidades.

- Concienciación dos axentes sociais e institucionais e da sociedade en xeral en canto á necesidade de contribuír ao coidado e preservación do entorno natural e patrimonio cultural.

- Divulgación das actividades creadas entre o público obxectivo.

Principais actividades do proxecto: 

- Romaxe Vikinga do Vicedo (30 xullo do 2016/2017) de alto contido cultural enfocado a posta en valor da cultura vikinga.

- Festa da Ostra (setembro 2016/2017). A festa levarase a cabo cunha degustación popular nos diferentes establecementos hostaleiros do Vicedo para dar a coñecer este produto do mar.

- Festa do Chicharro (agosto 2016/2017) levarase a cabo cunha degustación popular nos diferentes establecementos hostaleiros do Vicedo para promocionar este produto gastronómico.

- Xornadas de capacitación, dinamización e sensibilización dos axentes do territorio (Febreiro – Maio 2017), nas que se traballará na sensibilización do sector para a procura do traballo en rede e calidade no servizos ofertados.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

6 . Fomento da cooperación

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Recuperación dos recursos patrimoniais do conxunto da zona pesqueira.

1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal

2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal

2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

3.1. Dotar de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.

5.1. Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas.

6.1. incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fora do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)