Monday, 28 de October de 2019 - 04:10
A semana pasada, case un centenar de alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán achegáronse a Foz para mollarse nas actividades de Surf e Kaiak promovidas polo GALP A Mariña Ortegal dentro do programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar».
Os mozos e mozas de primaria pasaron dúas divertidas xornadas os días 22 e 23 de outubro para probar as actividades de Surf e Kaiak co equipo de Gamus Surf e Maremasma. Un par de días onde aproveitaron o bo tempo de outono e desfrutaron das praias e das rías de Foz.
Mais información en: http://maresdecultura.es/surf-e-kaiak-co-ceip-pedro-caselles-rollan/