Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

OS GALP PROMOTORES DE TANZA PECHAN O PROXECTO CUN ACTO DE POSTA EN COMÚN DAS SEIS INICIATIVAS XURDIDAS EN CADA TERRITORIO

Burela In, Ártabro Inclusivo, Diversiplás, o Centro de transformación de lixo mariño do Concello de Outes, Grove Sostible e Amecomar-Amegrove son os proxectos postos en marcha para a cooperación entre o sector pesqueiro e o da inclusión que promoven a economía circular na costa galega

 

8 de outubro de 2021.- O Proxecto Tanza pechou a súa andaina nun acto en Compostela promovido por todos os Grupos de Acción Local no Sector Pesqueiro promotores do proxecto: Galp A Mariña-Ortegal (coordinador do proxecto), Golfo Ártabro Norte e Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa.

Esta derradeira xornada de Tanza congregou en Compostela a representantes dos seis grupos promotores do Proxecto, así como ás e os responsables das entidades que promoveron as iniciarivas de Tanza en cada territorio. Tamén acudiron representantes do Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña, así como da Escola Superior de Deseño Industrial de Galicia e o Precious Plastic de Fair Enough, todos eles colaboradores dentro do proxecto.

Organizouse dentro da programación unha mostra para a posta en común do labor desenvolto polas diferentes entidades de inclusión que participaron do proxecto, así como do Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña e de Fair Enough.

Proxectos Tanza

Dende o arranque do Proxecto Tanza realizáronse máis dun cento de reunións de traballo ao longo de toda a costa galega nas que participaron máis de 180 entidades -sendo máis de 50 do ámbito pesqueiro- e implicáronse activamente máis de 20 concellos de entre os territorios do Grove a Ribadeo. Grazas a todo isto, seis iniciativas presentaron as súas propostas ao programa de axudas dos grupos de acción local no sector pesqueiro, obtendo todas elas financiamento para a súa execución.

Tanza conseguiu financiamento dentro do programa de axudas dos GALP para seis proxectos centrados na cooperación entre o sector pesqueiro e o da inclusión, cun marcado poso de coidado do medio ambiente. Así “Burela In”, “Ártabro Inclusivo”, “Diversiplás +Diversidade -Plástico”. O Centro para a transformación do lixo mariño do Concello de Outes, “Grove sostible” e “AmecomarAmegrove” artelláronse conxuntamente entre o sector pesqueiro e o da inclusión para a posta en valor dos refugallos mariños e a sensibilización para loitar contra a contaminación das augas dentro e fora do sector pesqueiro.

SAÚDOS, COMUNICACIÓN PROXECTO TANZA

Doc: /sites/default/files/21.10.08_nota_prensa_pechetanza.pdf