Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Remata o curso pero seguimos con Mares de Cultura. Os nenos e o mar

Rematamos este curso 2017-2018 con números record na campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovida polo GALP A Mariña-Ortegal.
En tan so un mes, o programa recibiu a uns 400 escolares do territorio, que participaron a través das charlas no centro e das diferentes actividades programadas para divulgar os recursos mariños e as tradicións pesqueiras da comarca.

Os diferentes centros participantes coñeceron entre outras as vilas de Cariño, Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz, para sumerxirse na #culturamariñeira que as rodea.

Pese a que o curso rematou, a campaña “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” na súa edición de 2018 continúa.
Co comezo do  próximo curso a campaña educativa estará en marcha os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Así que xa sabedes

Dende o GALP A Mariña Ortegal queremos agradacer a participación de tódolos centros e dos profesionais do mar que nos abren a diario as portas das súas casas para amosarnos o seus traballos.