Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RIBADEO CARA O MAR

Proxecto que pretende difundir o coñecemento do patrimonio histórico, (material, inmaterial), natural e arqueolóxico do concello de Ribadeo ligado ao mar, dos séculos XVI ao XIX, onde a relación co mar, tivo unha forte presencia para convertelo nun producto cultural e turístico e acadar un polo de coñecemento arredor da cultura marítima que teña como referencia física o Forte de San Damián, recursos de difusión con soportes dixitais e outros elementos que permitan a posta en valor da historia de Ribadeo ligada ao mar, a través dunha serie de accións: - Análese, estudo e valarización do patrimonio cultural inmaterial a través dun estudo e valorización da historia ao Forte de San Damián e a historia marítima de Ribadeo, a realización de reproducción en realidade aumentada sobre un dos elemento de arqueoloxía subacuática máis importante de Galicia (Galeón san Giacomo). - Incremento de iniciativas complementarias, coma realización dun mural e a creación dunha audioguía ficcionada que verse sobre a nosa historia marítima - Desenvolvemento de xornadas de divulgación sobre a relación histórica de Ribadeo co Mar (deportes náuticos, gastronomía, economía circular e minoración da pegada ecolóxica, concienciación do coidado e preservación do medio, conservación da natureza, carpinteria de Ribeira), o fin de incrementar o diálogo e coordinación do sector pesqueiro coas diferentes entidades e organismos e institucións do territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00054
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE RIBADEO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2024 e 2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Ribadeo (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
180.549,50 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
179.449,50 €
Total axuda pública aprobada (€): 
143.559,60 €
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
100.491,72 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
43.067,88 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- O principal obxetivo do proxecto é, poñer en valor e difundir o coñecemento do patrimonio histórico, natural e arqueolóxico do Concello de Ribadeo ligado aos séculos XVI, XVII, XVIII e XIX, onde a relación co mar tivo unha forte presencia. Acadar un polo de coñecemento arredor da cultura marítima que teña como referencia física o Forte de San Damián, recursos de difución con soportes dixitais e outros elementos que permitan a posta en valor da historia de Ribadeo ligada ao mar.

- Revalorizar a cultura propia e a confianza social no desenvolvemento endóxeno tanto por parte da poboación residente como da visitante.

- A creación e diversificación, con novos productos turísticos, chegar a diferentes nichos turísticos que nos leven a desestacionalización e excelencia do sector, propiciando ao arrestre doutros sectores da economía local (servizos hostaleiros, comercio...)

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Análese, estudo e valorización do patrimonio cultural inmaterial a través dun estudo e valorización da historia ao Forte de San Damián e a historia marítima de Ribadeo, a realización de reproducción en realidade aumentada sobre un dos elementos de arqueoloxía subacuática máis importante de Galicia (Galeón San Giacomo)

- Incremento da iniciativas complementarias, coma a realización dun mural e a creación dunha audioguía ficcionada que verse sobre a historía marítima do concello.

- Froito da realización dun estudo profundo e valorización da nosa cultura marítima xerminaron novs actividades profesionalmente capacitadas.

- Desenvolvemento de xornadas de divulgación sobre a relación histórica de Ribadeo co Mar (deportes naúticos, gastronomía, enconomía circular e minoración da pegada ecolóxica, concienciación do coidado e preservación do medio, conservación da natureza, carpintería de Ribeira), ó fin de incrementar o diálogo e coordinación do sector pesqueiro coas diferentes entidades, organismos e instiucións do territorio.

Principais actividades do proxecto: 

1. VALORIZACIÓN DO FORTE DE SAN DAMIÁN, SITUADO EN REDE NATURA E RESERVA DA BIOSFERA RIO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN mediante o desenvolvemento dun estudo histórico arredor do Forte de San Damián, a súa vinculación co porto, ría e a historia do comercio marítimo da vila e a valorización e posta en valor desde coñecemento. Este estudo servirá de ferramenta para levar a cabo visitas teatralizadas, dirixidas á cidadanía en xeral e aos centros escolares. Xornadas divulgativas entorno á historia deste baludarte defensico e historia marítima do concello, conferencias, visitas guiadas, desgustación de productos locais do mar co obxeto de promover o consumo de productos frescos e saudables procedentes da ría e do mar. Xornadas divulgativas da Ría de Ribadeo dendo o punto de vista socioeconómico, medioambiental e patrimonial cas cales se pretende afondar sobre o presente e futuro deste espazo natural, un dos máis importantes de Ribadeo.

2. VALORIZACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL LIGADO CO PASADO MARÍTIMO ENTE OS SECULOS XVI AO XVIII mediante a realización dun mural con pezas de Sargadelos situado nas inmediacións do porto da historia do porto de Ribadeo. A elección desta cerámica, a máis importante de Galicia na actualidade, non é o azar, pois como é sabido Sargadelos, ten unha forte vinculación con Ribadeo. O seu fundador Raimundo Ibañez instálase nesta vila de Galicia. Con este mural pretendese dar a coñecer visualmente e de forma atractiva, aqueles fitos máis importantes da historia de Ribadeo e o seu porto.

2.1 Interpretación do patrimonio a través da creación dunha Audioguía ficcionada que percorra a pegada que deixou a importancia do comercio marítimo no centro histórico, co nome de "Ribadeo Ilustrado" Con esta ferramenta, apostamos por mellorar a experiencia viaxeira a través dun produto de calidade, personalizado e adaptado. Serán o resultado dun cuidado proceso de documentación, indentificado recurso, sucesos, personaxes e lugares con nome propio que servirán para transmitir a idiosincrasia e esencia do casco vello de Ribadeo e a súa relación co comercio marítimo.

2.2 Difusión do patrimonio subacuático de Ribadeo, a través da reproducción en realidade aumentada do Galeon San Giacomo, un dos mellores conservados.

 

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona pesqueira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)