Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADAS DE DIVULGACIÓN - GALP COSTA DA MORTE

XORNADAS DE DIVULGACIÓN

Confraría de Camariñas

Martes 11 de febreiro de 2020 18:00 horas

 

PROGRAMA

18:00

Benvida e presentación das xornadas

18:10

Presentación de proxectos financiados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

 

Conservas Faro de Burela. Verónica Rodil Rodríguez.

Conservas Faro de Burela dedícase á elaboración artesanal de conservas de pescado, sendo o bonito o seu principal produto. Son os seus propios provedores de pescado e marisco o que fai que o produto que transforman sexa de moi alta calidade.

 

Confraría de Cedeira. Eduardo González López.

A Confraría impulsa un proxecto no que combinan a depuración, embolsado, etiquetaxe e venda directa de moluscos bivalvos vivos, dotando á zona de Ortegal dun servizo co que non contan. Este proxecto foi galardoado nos II premios da Economía Azul da Consellería do Mar, na categoría de apoio á pesca costeira artesanal.

19:20

Charla-coloquio sobre as experiencias   

19:45

Oportunidades e claves para a presentación de proxectos. Convocatoria 2020.

20:00

Peche das xornadas