
XORNADAS DE DIVULGACIÓN
Confraría de Camariñas
Martes 11 de febreiro de 2020 18:00 horas
|
PROGRAMA |
||
|
18:00 |
Benvida e presentación das xornadas |
|
|
18:10 |
Presentación de proxectos financiados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca |
|
|
|
Conservas Faro de Burela. Verónica Rodil Rodríguez. Conservas Faro de Burela dedícase á elaboración artesanal de conservas de pescado, sendo o bonito o seu principal produto. Son os seus propios provedores de pescado e marisco o que fai que o produto que transforman sexa de moi alta calidade. |
|
|
|
Confraría de Cedeira. Eduardo González López. A Confraría impulsa un proxecto no que combinan a depuración, embolsado, etiquetaxe e venda directa de moluscos bivalvos vivos, dotando á zona de Ortegal dun servizo co que non contan. Este proxecto foi galardoado nos II premios da Economía Azul da Consellería do Mar, na categoría de apoio á pesca costeira artesanal. |
|
|
19:20 |
Charla-coloquio sobre as experiencias |
|
|
19:45 |
Oportunidades e claves para a presentación de proxectos. Convocatoria 2020. |
|
|
20:00 |
Peche das xornadas |
|

