
O proxecto consiste na organización de 3 regatas de vela lixeira e carácter autonómico para as clases: optimist, vaurien 420 e laser. Con estes preténdese dar a coñecer a ría de Betanzos a deportistas e acompañantes de todo Galicia e promover a economía e o patrimonio do territorio mediante os deportes náuticos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Coa realización do proxecto preténdese organizar regatas para distintas clases de vela lixeira, coas que se consiga dar a coñecer a ría de Betanzos a deportistas e acompañantes de todo Galicia que nunca tiveron a oportunidade de navegar nela.
Promocer a economía de Sada e a súa comarca, xa que, ao traer a deportistas de todo Galicia e os seus acompañantes, provocará un impacto económico na zona debido ao consumo tanto no sector hostaleiro como noutros sectores.
Coa compra do remolque de estrada, poden aistir a un maior número de barcos e deportistas, contribuíndo desta forma que os deportistas locais estean máis motivados e se poida chegar a colocar Alamar, e con elo Sada, como un punto de referencia de vela lixeira en Galicia.
Mellorar o desenvolvemento social e económico da Ría de Betanzos e os seus concello limítrofes.
Potenciar a realización de deportes de vela.
Ser referencia no desenvolvemento costeiro sostible, mediante a formación, divulgación e promoción dos deportes de vela lixeira.
Poñer en valor os resultados culturais e naturais do Golfo Ártabro.
As principais actividades baséanse na organización de 3 regatas de vela lixeira de carácter autonómico.
- Regata de clase optimist, con embarcacións individuais para os máis pequenos e moi numerosas.
- Regata das clases vaurien e 420, con embarcacións dobres de rapaces e adultos maiores de 16 anos.
- Regata de clase laser, con embarcacións individuais de rapaces e adultos maiores de 16 anos.
Obxetivo estratéxico 2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en sentido amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.
Obxectivo específico 2.1: Identificar ao final do período, ao Golfo Ártabro como destino turístico de referencia a nivel ambiental, paisaxístico e mariñeiro, dentro do xeo destino Rías Altas.
Liña de actuación 2.1.1: Desenvolvemento dun produto turístico diferenciado e competitivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)