Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aprobación das actividades de difusión 2022

Estas accións, que teñen como fin dar a coñecer a todos os veciños do territorio, e outros implicados, o traballo executado polo Grupo, encádrase en tres eixos

A directiva do GALP Golfo Ártabro Sur aprobou na xunta directiva de xaneiro a programa de actividades de difusión para esta anualidade centrada en tres bloques.

O primeiro centrará os esforzos en dar a coñecer a importancia da pesca artesanal e outras temáticas relevantes como a necesidade de manter limpo o medio ambiente, o traballo en cooperación, a inclusión social de persoas con diversidade funcional, o coñecemento do patrimonio material e inmaterial ou traballo das mulleres do mar.

Como xa ven sendo habitual, para esta anualidade tamén están previstas varias visitas de estudo e traballo cooperativo con outros GALP nacionais ou internacionais para coñecer novos proxectos que se poidan trasladar ao territorio. A experiencia en edicións anteriores foi altamente positiva xa que estas viaxes permiten achegarse a outras realidades e incrementar de valor todos os eidos da estratexia local. A viaxe de estudos de 2021 realizouse aos territorios dos GALP Costa Luz e do GAL Sotavento, grupos veciños a ambos lados da fronteira española e portuguesa separados polo río Guadiana.

Canles oficiais

A terceira actividade de difusión é a relativa á comunicación da importancia da comunidade pesqueira e do labor desempeñado polos traballadores do mar para o progreso socioeconómico da zona. A través das canles propias do GALP Golfo Ártabro Sur como son esta newsletter, a web ou as redes sociais co usuario @galpartabrosur (FacebookTwitterInstagram ou Youtube), infórmase a diario sobre este tema e tamén sobre as axudas e fondos dispoñibles para o crecemento local, información e difusión das actividades realizadas desde o GALP para o desenvolvemento local territorial.