Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Constitución da Asociación de Mulleres do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

Tras a celebración do encontro de definición que tivo lugar o pasado luns na Casa  do Mar do Instituto Social da Mariña, e debido ao interese mostrado polas asistentes en constituír unha asociación de mulleres do mar no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur que as represente, este luns, 3 de decembro, celebrarase a constitución oficial da entidade.

No encontro de definición debateuse sobre diversos temas de especial relevancia para a redacción do borrador dos estatutos, os requisitos para ser socia, os obxectivos da asociación, o seu ámbito territorial, os órganos representativos da asociación, etc.

Agora, o luns ás 10 horas no salón de xuntas da Casa  do Mar da Coruña celebrarase o encontro para a constitución da asociación. Alí, realizarase a lectura e firma dos estatutos e da acta fundacional, polo que se require a asistencia de todas as mulleres que desexen formar parte da entidade, xa que este é un encontro aberto para todas as mulleres vinculadas co mar.