Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Consumir peixe fresco axuda a reforzar o teu sistema inmune. Beneficios. Onde comprar. Receitas.

Xa vos viñamos comentando fai uns días os múltiples beneficios do consumo  de peixe fresco: contén Omega-3, vitaminas do grupo B e minerais fundamentais, fortalece o sistema inmunolóxico, axuda á produción de anticorpos que combaten as infeccións e axuda ao sistema inmune a loitar contra virus e bacterias. Ademais de axudar a un sector tan importante para Galicia, como é o pesqueiro, a manterse a frote.
 
¿Queres saber máis sobre os beneficios do consumo de peixe fresco para o túa saúde? Podes ler toda a información ao completo neste post do noso blog:
 
Tamén podes consultar as seguintes publicacións das nosas redes sociais:
 
Ademais, nestes momentos nos que non debes saír á rúa, os mercados máis próximos do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur farancho chegar á túa casa sen que ti teñas que saír, así como todo tipo de carnes e verduras.
 
O Mercado da Praza de Lugo ten dispoñible a aplicación KIBUS (https://kibus.online/coruna), coa que podes pedir online; e os Mercados de San Agustín, Conchiñas, Elviña e a Praza de Abastos de Perillo habilitaron liñas de teléfono ás que podes chamar para facer o teu pedido. Podes consultalas no seguinte enlace:
 
Tamén podes consultar as seguintes publicacións das nosas redes sociais:
 
 
Por outra banda, dende o GALP Golfo Ártabro Sur, queremos facerche chegar toda a información posible sobre este tema, e non só información sobre os beneficios do consumo de peixe fresco e as facilidades das que dispós para compralo e que che chegue á casa, senón tamén compartir contigo ideas de como consumilo.
 
Permanece atendo ás nosas redes sociais! Nelas estamos colgando receitas, para que poidas inspirarte e comer peixe de maneira diferente e divertida: