Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GALP Golfo Ártabro Sur está a realizar unha Viaxe de Estudo a La Palma

Representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur atópanse nunha viaxe de estudo do territorio de La Palma para coñecer a realidade do sector pesqueiro e acuícola da zona os proxectos que se están a desenvolver e para establecer novas sinerxias.

Hoxe tivo lugar a xuntanza entre o presidente do GALP, Alberto Castro, o secretario, José Garrote, o xerente, Federico López, e o presidente do Cabildo de La Palma Mariano Hernández. Tamén participaron neste encontro a concelleira arteixá, Patricia Amado, e a alcaldesa do Concello de Bergondo, Alejandra Pérez.

Nela falaron dos proxectos e iniciativas que se están a levar a cabo no marco de Desenvolvemento Local do Sector Pesqueiro

Tamén se reuniron con membros do GALP ADER La Palma, da Axencia Insular do Mar, das Cofradías de PescadoresNuestra Señora de Las Nieves e Nuestra Señora del Carmen, da Fundación Reserva de la Biosfera de La Palma, os cales podemos ver na fotografía, e da Reserva Marina de La Palma.