Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur realiza unha xornadas coas AEDL do territorio

Os técnicos das AEDL do territorio acoden á reunión co GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer os fondos FEMPA

O GALP Golfo Ártabro Sur convocou ás Axencias de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do territorio a unha xornada onde se deron a coñecer as axudas FEMPA e as posibilidades que estas ofrecen no territorio.

Técnicos dos concellos foron informados das posibilidades que tiñan os emprendedores ou desempregados que pasan polas súas oficinas dentro das axudas do GALP. Varias foron as iniciativas comentadas que poden ser futuros proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur.

O traballo conxunto entre as AEDL e o GALP Golfo Ártabro Sur propiciará a posibilidade de fornecer unha oportunidade a todos aqueles que queiran emprender no territorio.