Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

GOBERNANZA DA INFRAESTRUCTURA PESQUEIRA E CONECTIVIDADE TERRITORIAL

O proxecto “Gobernanza de infraestrutura pesqueira e conectividade territorial”, promovido pola Confraría de Pescadores de Sada, ten como finalidade reforzar a capacidade organizativa e estratéxica da entidade e contribuír á modernización e sustentabilidade do sector pesqueiro local. A iniciativa combina a mellora da conectividade e das ferramentas de coordinación coa elaboración dun diagnóstico integral do sector e coa recuperación da memoria histórica e marítima de Sada.

Para iso, instalarase unha sala de videoconferencias que facilitará a participación da Confraría en reunións, foros sectoriais e accións formativas, mellorando a comunicación coas administracións e con outras entidades do ámbito marítimo-pesqueiro. Paralelamente, elaborarase un informe de gobernanza que analizará a evolución social, económica e ambiental do sector, identificando necesidades e oportunidades relacionadas coa profesionalización, o relevo xeracional, a diversificación, a comercialización e a sustentabilidade. O proxecto completarase coa investigación e edición dun libreto sobre a historia de Sada desde 1920 ata a actualidade, destacando a súa identidade mariñeira, o papel da emigración, a evolución da actividade pesqueira e das empresas transformadoras e a participación das mulleres neste proceso.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
Datos de interese: 
https://www.lonxasgalegas40.gal/sada/es
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
16/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
21/07/2026
Ámbito de aplicación: 

Golfo Ártabro

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
27.367,18 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
27.367,18 €
Total axuda pública aprobada (€): 
27.367,18 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
19.157,03 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.210,15 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como principal obxectivo reforzar a gobernanza e a capacidade de planificación do sector pesqueiro de Sada, dotando á Confraría de ferramentas que permitan mellorar a coordinación, a participación e a toma de decisións. Preténdese tamén favorecer a modernización e profesionalización da actividade mediante a identificación das necesidades formativas, loxísticas e operativas do sector, así como das oportunidades de diversificación e de creación de novas liñas de comercialización.

A iniciativa busca igualmente avanzar cara a un sector máis sostible e preparado para os retos ambientais, enerxéticos e climáticos, promover o relevo xeracional e visibilizar o papel da muller na actividade pesqueira. Ao mesmo tempo, pretende preservar e difundir a memoria histórica de Sada como vila mariñeira, reforzando a identidade territorial e a valoración social do patrimonio marítimo e pesqueiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A execución do proxecto permitirá mellorar a capacidade de gobernanza e planificación da Confraría, facilitando unha maior coordinación do sector e unha participación máis activa nos espazos de decisión, formación e cooperación. O diagnóstico realizado proporcionará unha visión actualizada da situación do sector pesqueiro de Sada e permitirá dispoñer dunha folla de ruta para afrontar os seus principais retos e aproveitar novas oportunidades de modernización, diversificación e comercialización.

Tamén se espera avanzar na profesionalización da actividade, favorecer o relevo xeracional e mellorar a adaptación do sector aos criterios de sustentabilidade ambiental e eficiencia enerxética. Ao mesmo tempo, a publicación sobre a historia de Sada contribuirá á conservación e difusión do patrimonio marítimo material e inmaterial e ao recoñecemento do papel desempeñado pola comunidade pesqueira e, especialmente, polas mulleres, na construción da identidade e do desenvolvemento económico do municipio.

En conxunto, o proxecto reforzará o papel da Confraría como axente vertebrador do territorio e contribuirá a consolidar unha visión de futuro para o sector pesqueiro de Sada, baseada na gobernanza, a innovación, a sustentabilidade, a igualdade e a preservación da súa identidade marítima.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto desenvolverase a través de tres liñas de actuación complementarias. En primeiro lugar, adquirirase e instalarase unha sala de videoconferencias equipada para facilitar reunións sectoriais, coordinación institucional, participación en foros e actividades de formación en liña, mellorando a conectividade da Confraría e a súa capacidade de interlocución.

En segundo lugar, elaborarase un informe integral de gobernanza que estudará a evolución social, económica e ambiental do sector pesqueiro de Sada. O traballo analizará aspectos como o emprego, a estrutura demográfica, o relevo xeracional, o papel da muller, as necesidades loxísticas e formativas, a comercialización e as posibilidades de diversificación cara a novas gamas de produtos. Tamén se estudarán oportunidades relacionadas coa economía circular e o aproveitamento de subprodutos da actividade pesqueira. O informe concluirá cunha folla de ruta con propostas estratéxicas a curto, medio e longo prazo.

Finalmente, realizarase a investigación, redacción, edición e publicación dun libreto sobre a historia de Sada desde 1920, recollendo a evolución económica e social do municipio, a importancia da emigración, o desenvolvemento do sector pesqueiro e das industrias transformadoras, a evolución das embarcacións e das prácticas pesqueiras e o papel da muller na actividade vinculada ao mar.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e das actividades marítimas locais  

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 5.1. Posicionar ao sector pesqueiro como elemento vertebrador do desenvolvemento sostible do territorio

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)