O proxecto consiste na elaboración dun estudo integral das necesidades da Confraría de Pescadores da Coruña, co obxectivo de coñecer a situación actual do sector, identificar carencias e oportunidades de mellora e establecer unha folla de ruta para a súa modernización. O estudo analizará aspectos relacionados coa loxística, as infraestruturas, os equipamentos, a organización do traballo, a formación, a profesionalización e a sustentabilidade ambiental.
O resultado será un documento de diagnóstico e planificación que permitirá á confraría orientar as súas decisións e definir futuras actuacións e investimentos, así como fundamentar a presentación de solicitudes de axudas e novos proxectos. Deste xeito, a iniciativa contribuirá a mellorar a eficiencia e competitividade da actividade pesqueira e a garantir a súa continuidade como actividade económica, social e cultural no territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como principal obxectivo coñecer de forma integral as necesidades actuais e futuras da Confraría de Pescadores da Coruña para poder planificar adecuadamente a evolución da actividade. Preténdese identificar as principais carencias en materia de infraestruturas, equipamentos, loxística, organización e formación, así como detectar oportunidades de modernización e mellora da eficiencia.
Ao mesmo tempo, o estudo permitirá definir prioridades e establecer liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, incorporando criterios de profesionalización, sustentabilidade ambiental e competitividade. A información obtida servirá tamén para orientar a toma de decisións da confraría e fundamentar futuras solicitudes de axudas, investimentos e proxectos destinados ao fortalecemento do sector pesqueiro local.
O principal resultado será a obtención dun diagnóstico integral da situación e das necesidades da Confraría de Pescadores da Coruña, permitindo dispoñer dunha visión global das súas necesidades en materia de infraestruturas, equipamentos, organización, loxística, formación e sustentabilidade.
O estudo establecerá unha folla de ruta con prioridades e liñas estratéxicas de actuación a curto, medio e longo prazo, facilitando a planificación de novos investimentos e proxectos. Tamén permitirá mellorar a toma de decisións e fundamentar futuras solicitudes de axudas e subvencións orientadas á modernización da actividade.
En definitiva, o proxecto contribuirá a unha maior profesionalización e eficiencia da xestión da confraría, beneficiando directamente aos seus socios e ao persoal e xerando, de forma indirecta, un impacto positivo no conxunto do sector pesqueiro local ao favorecer a súa modernización, sustentabilidade e continuidade.
O proxecto desenvolverase a partir da recollida e análise da información relativa ao funcionamento da confraría, prestando especial atención ás necesidades loxísticas e operativas, ás infraestruturas e equipamentos dispoñibles e ás condicións nas que se desenvolve a actividade. Tamén se analizarán as necesidades formativas e de profesionalización, así como as posibilidades de mellora relacionadas coa eficiencia e a sustentabilidade ambiental.
A partir desta análise realizarase unha avaliación do estado actual das instalacións e equipamentos, identificando as principais carencias e as oportunidades de mellora. Toda esta información será integrada nun informe final que recollerá as conclusións do estudo e establecerá liñas estratéxicas e prioridades de actuación para os próximos anos.
O documento constituirá así unha ferramenta práctica para a planificación da confraría e para a preparación de futuros proxectos de modernización e investimento.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e das actividades marítimas locais
OBXECTIVO ESPECÍFICO 5.1. Posicionar ao sector pesqueiro como elemento vertebrador do desenvolvemento sostible do territorio
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

