
Compra de novo material náutico para ofertar novas actividades no territorio, como son rutas guíadas en kaiak de mar durante todo o ano, para promocionar o turismo mariñeiro sustentable, así como campamentos náuticos nos meses de verán, para amosar aos participantes a contorna marítima do Concello de Miño e as actividades pesqueiras ligadas a este, en concreto á actividade de marisqueo que desenvolve a Confraría de Pescadores de Miño. Combinaranse as visitas culturais con xogos na praia, piragüismo e paddle surf.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación económica local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
As actividades programadas están orientadas a achegar toda a cultura mariñeira da zona ao maior número de persoas posibles, sen importar a idade.
Promocionaranse todos os puntos de interese turísticos da costa do Concello de Miño e as actividades levadas a cabo pola Confraría de Pescadores de Miño.
Creanse dos novos servizos inexistentes na zona ligados ao mar. Combinando actividades naúticas con visitas culturais.
Contratación de dous monitores para levar a cabo as actividades.
Mapas e fichas didácticas cos puntos de interese medioambiental que se pretenden visitar. Actividade coa Confraría de Pescadores de Miño.
- Campamentos náuticos. Combinaranse as visitas culturais con xogos na praia, piragüismo e paddle surf. Proporcionar aos participantes dun primeiro contacto co mar a través do piragüismo, usando kaiaks tipo autovaciables dobres perfectos para o recreo xa que son moi estables. Unha vez dominado o manexo das embarcacións realizase unha excursión ao "Esteiro do Río Baxoi" contorna natural en proceso de obter a declaración de "Espazo Natural de Interese Local" dentro do ámbito territorial da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Realizase en kaiaks para fomentar o turismo sustentable sobre o territorio. Fomento da pesca sustentable: Visita a Confraría de Pescadores de Miño; Desestacionalización dos deportes naúticos; Fomento doutros deportes náuticos: táboas de paddle surf, distintas formas de disfrutar do mar dunha maneira respectuosa co medio ambiente.
- Rutas en kaiak de mar: O principal desta actividade é fomentar o turismo sustentable nas zonas de costa. Potenciar o patrimonio pesqueiro ligado á zona do Concello de Miño. Fomento dos deportes náuticos, respectuosos co medio ambiente para todo o publico e durante todo o ano. Visitas a elementos relacionados co sector pesqueiro e mariñeiro. Cartas náuticas con todos os puntos de interese marcados que levarán toda a información, explicada polos monitores.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación económica local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
4.1. Posta en valor do patrimonio mariñeiro.
4.2. Recompilación da memoria mariñeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)