
Empresa de nova creación no Concello de Paderne por dous mozos que traballaran directamente na propia empresa, co obxectivo de cubrir un oco no sector do turismo activo, así como de eventos deportivos que existe na zona costeira comprendida entre Ferrol e Paderne. Promoverá actividades relacionadas co mar, poñendo en valor esta parte de litoral e fomentará a mellora do tecido turístico nesta área, así como facilitará sinerxias co resto de empresas do sector servizos da zona. Algunhas das actividades que ofertarán:
- Actividades náuticas de kaiak de mar.
- Actividades de rutas de sendeirismo guíadas
- Eventos deportivos no medio natural e acuático.
- Microeventos relacionados co mar e co kaiakismo.
Esta iniciativa pode considerarse novidosa neste ámbito territorial, xa que non existe practicamente oferta de empresas do sector turistico neste territorio con este tipo de actividades. Ofertaránse novos servizos de ocio para os turistas, con actividades que axuden a coñecer o territorio costeiro, promovendo o aproveitamento dos recursos tanto mariños como patrimoniais, así como os relacionados co Camiño de Santiago. Promoveranse sinerxias co sector hostaleiro, xa que se pretende ofertar paquetes turísticos, que inclúan actividades no mar e na natureza e aloxamento e restauración.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Cubrir un espazo no sector do turismo activo así como de eventos deportivos que existe na zona costeira comprendida entre Paderne e Ferrol.
Explotar un potencial turístico que existe neste territorio, complementando a oferta turística do mesmo.
Posta en valor do territorio costeiro, a riqueza paisaxística e marisqueira da zona e o patrimonio arquitéctonico e cultura, así como o natural destes espazos.
Consolidar esta empresa a medio prazo, e poder crear novos postos de traballo no territorio, establecendo unha oferta turistica inexistente, creando novos eventos deportivos vinculados co mar que poñan en valor este territorio.
- Nova oferta de rutas en kaiak polo litoral.
- Nova oferta de actividades de sendeirismo no medio natural.
- Microeventos relacionados coas actividades náuticas
- Eventos deportivos no medio natural e acuáticos.
- Novas actividades náuticas no litoral dos Concellos de Paderne, Miño e Pontedeume, así como as rías de Ares e o Eume e o Mandeo principalmente.
- Mellorar a oferta de actividades náuticas, existente no Camiño Inglés que ven dende Ferrol ata Santiago, abrindo unha oportunidade para a creación doutros servizos relaciónados a este Camiño.
- Implantación de novas actividades emprendedoras, que axudaría a coordinar servizos entre distintos sectores dentro do turismo, como poden ser, os servizos de transporte, hostalería e restauración.
- Posta en valor do patrimonio mariñeiro a través de actividades relacionadas co mar e o litoral.
- Empresa de nova creación
- Compra de equipamento diverso: Kaiaks, palas, asientos, chalecos, remolque, embarcación semirríxida, remolque para embarcación e troley kaiak.
- Creación de páxina web da empresa.
- Creación da imaxe corporativa da empresa.
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)