
Creación dun produto turístico de remo tradicional no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. Este produto turístico será sustentable, socialmente responsable, auténtico, de calidade, innovador e diferenciado, e pretende afianzar o posicionamento deste destino como territorio de natureza e deporte.
As actividades previstas dentro deste proxecto son as seguintes:
1. Coordinación e captación de participantes
2. Iniciación ao remo indoor
3. Remo no mar
O remo tradicional, mais aló das súas connotacións deportivas, ten outras relacionadas coa súa vinculación aos oficios do mar. As primeiras regatas de remo en Galicia e no Cantábrico nacen por imitación ás situacións de competición que se daba entre os mariñeiros para chegar antes a terra para vender o peixe. Así o remo xurde dos propios mariñeiros e por este motivo durante moitos anos e en moitos pobos a súa práctica está ligada ás confrarias de pescadores.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Consolidar o remo tradicional como sinal de identidade do Concello de Ares e de todo o territorio do GALP Golfo Ártabro Norte. A función do produto turístico "Remo tradicional no Golfo Ártabro Norte", como elemento diferenciador do destino, influirá positivamente no posicionamento de todo o territorio como destino turístico de referencia do Remo tradicional galego, favorecendo o incremento de emprego e a cohesión territorial.
Impulsar a creación dun sector económico sustentable vinculado ao remo.
Fixar poboación en todo o territorio do GALP
Incrementar a ofert de actividades culturais e deportivas vinculadas ao remo.
Mellor posicionamento do territorio como destino de remo tradicional
Incremento dos días da estancia media dos turistas ao incrementar a oferta experiencial.
Desestacionalización do turismo.
Consolidación dos proxectos profesionais privados vinculados ao remo. Principalmente escolas de remo tradicional e aloxamentos que ofrecen este servizo como unha actividade complementaria.
Xeración de novos proxectos profesionais vinculados en campos distintos ao da ensinanza e aloxamento.
Compra de equipamento: Traineriña de carbono e remos; batel de fibra de carbono e remos; remoergómetros.
Contratación asistencia técnica: Coordinación e captación de participantes.
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)