O proxecto promovido por Blue Marine Oil ten como obxectivo o desenvolvemento e optimización dunha tecnoloxía de valorización de descartes de moluscos, especialmente das súas cunchas, para a produción de sales orgánicas de calcio con potencial uso nos sectores farmacéutico, nutracéutico e veterinario. A iniciativa enmárcase dentro dunha estratexia de economía circular aplicada ao sector mariñeiro e marisqueiro, contribuíndo á redución de residuos e xerando un novo modelo de negocio baseado en ingredientes de alto valor engadido.
As actividades céntranse en mellorar o proceso de transformación en laboratorio, definir os requisitos técnicos e legais dunha futura planta de produción, analizar a viabilidade de distintas materias primas (como mexillón, berberecho, ostra rizada ou bígaro) e avanzar na obtención de dous tipos de sales de calcio con potencial de rexistro na farmacopea internacional.
Este proxecto permitirá ofrecer unha solución eficiente para a xestión de descartes inorgánicos moi abondosos e de difícil tratamento, ao tempo que xera novas oportunidades económicas para o sector pesqueiro, marisqueiro e transformador, así como para outras industrias asociadas (gandaría, avicultura, alimentación funcional ou saúde animal).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Optimizar as condicións de produción de sales orgánicas de calcio a partir de cunchas de moluscos.
-
Definir os requisitos técnicos, legais e de certificación para unha futura planta industrial de produción.
-
Identificar a maquinaria e os reactivos necesarios para implementar o proceso produtivo a escala.
-
Avaliar a viabilidade técnico-económica das materias primas dispoñibles e as súas combinacións.
-
Reducir o impacto ambiental derivado da acumulación de descartes non orgánicos no sector do mar.
-
Xerar novo coñecemento e abrir liñas de investigación sobre a valorización doutros materiais mariños.
-
Crear actividade económica e emprego na contorna do GALP mediante un modelo produtivo sostible.
-
Contribuír á competitividade de sectores clave da economía galega como a gandaría, o sector avícola e a industria nutracéutica.
-
Posicionar a Galicia como referente na innovación biotecnolóxica asociada ao aproveitamento de recursos mariños.
-
Mellora da eficiencia e rendemento do proceso de produción de sales a partir de descartes de moluscos.
-
Identificación das condicións óptimas de produción e purificación dos compostos finais.
-
Definición completa dos requisitos dunha planta de produción industrial para escalar o proceso.
-
Apertura de novos mercados para os produtos derivados (salud animal, nutrición funcional, deporte...).
-
Redución da carga ambiental do sector do mar a través da valorización de residuos.
-
Xeración de coñecemento replicable noutras zonas costeiras e sectores mariños.
-
Impulso á economía circular e á creación de emprego cualificado en actividades innovadoras.
-
Mellora da xestión interna de residuos en cofrarías e empresas transformadoras.
-
Fortalecemento da imaxe de Galicia como territorio innovador no aproveitamento sostible dos recursos mariños.
-
Realización de ensaios en laboratorio con diferentes tipos de cunchas para a produción de sales orgánicas de calcio.
-
Estudo e optimización de variables clave do proceso: temperaturas, tempos, grao de moenda, estequiometría, tratamentos de purificación e materia orgánica residual.
-
Comparativa entre resultados de distintas materias primas ou mesturas en termos de rendemento e pureza.
-
Definición dos requisitos legais, técnicos e normativos para deseñar a futura planta industrial.
-
Adquisición de equipamento básico de laboratorio (rotavapor e bomba) para cristalización controlada.
-
Avaliación da viabilidade comercial das sales obtidas como ingredientes en diversos sectores.
-
Identificación dos trámites necesarios para rexistro e comercialización nos sectores veterinario, nutracéutico e de alimentación funcional.
-
Exploración de vías de colaboración con cofrarías, empresas de transformación, cocedeiros e entidades locais.
Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementan melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

