Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Blue Shell - Transformación de conchas de moluscos en sales orgánicas de calcio

O proxecto promovido por Blue Marine Oil ten como obxectivo o desenvolvemento e optimización dunha tecnoloxía de valorización de descartes de moluscos, especialmente das súas cunchas, para a produción de sales orgánicas de calcio con potencial uso nos sectores farmacéutico, nutracéutico e veterinario. A iniciativa enmárcase dentro dunha estratexia de economía circular aplicada ao sector mariñeiro e marisqueiro, contribuíndo á redución de residuos e xerando un novo modelo de negocio baseado en ingredientes de alto valor engadido.

As actividades céntranse en mellorar o proceso de transformación en laboratorio, definir os requisitos técnicos e legais dunha futura planta de produción, analizar a viabilidade de distintas materias primas (como mexillón, berberecho, ostra rizada ou bígaro) e avanzar na obtención de dous tipos de sales de calcio con potencial de rexistro na farmacopea internacional.

Este proxecto permitirá ofrecer unha solución eficiente para a xestión de descartes inorgánicos moi abondosos e de difícil tratamento, ao tempo que xera novas oportunidades económicas para o sector pesqueiro, marisqueiro e transformador, así como para outras industrias asociadas (gandaría, avicultura, alimentación funcional ou saúde animal).

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Blue Marine Oil SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo da EDLP, aprobadas a os GALP no marco dos fondos FEMPA, correspondentes ao ano 2025.
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
-
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
34.144,32
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33.266,76
Total axuda pública aprobada (€): 
16.633,38
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
11.643,37
FEMP (%): 
70
CA (€): 
4.990,01
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Optimizar as condicións de produción de sales orgánicas de calcio a partir de cunchas de moluscos.

  • Definir os requisitos técnicos, legais e de certificación para unha futura planta industrial de produción.

  • Identificar a maquinaria e os reactivos necesarios para implementar o proceso produtivo a escala.

  • Avaliar a viabilidade técnico-económica das materias primas dispoñibles e as súas combinacións.

  • Reducir o impacto ambiental derivado da acumulación de descartes non orgánicos no sector do mar.

  • Xerar novo coñecemento e abrir liñas de investigación sobre a valorización doutros materiais mariños.

  • Crear actividade económica e emprego na contorna do GALP mediante un modelo produtivo sostible.

  • Contribuír á competitividade de sectores clave da economía galega como a gandaría, o sector avícola e a industria nutracéutica.

  • Posicionar a Galicia como referente na innovación biotecnolóxica asociada ao aproveitamento de recursos mariños.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellora da eficiencia e rendemento do proceso de produción de sales a partir de descartes de moluscos.

  • Identificación das condicións óptimas de produción e purificación dos compostos finais.

  • Definición completa dos requisitos dunha planta de produción industrial para escalar o proceso.

  • Apertura de novos mercados para os produtos derivados (salud animal, nutrición funcional, deporte...).

  • Redución da carga ambiental do sector do mar a través da valorización de residuos.

  • Xeración de coñecemento replicable noutras zonas costeiras e sectores mariños.

  • Impulso á economía circular e á creación de emprego cualificado en actividades innovadoras.

  • Mellora da xestión interna de residuos en cofrarías e empresas transformadoras.

  • Fortalecemento da imaxe de Galicia como territorio innovador no aproveitamento sostible dos recursos mariños.

Principais actividades do proxecto: 
  • Realización de ensaios en laboratorio con diferentes tipos de cunchas para a produción de sales orgánicas de calcio.

  • Estudo e optimización de variables clave do proceso: temperaturas, tempos, grao de moenda, estequiometría, tratamentos de purificación e materia orgánica residual.

  • Comparativa entre resultados de distintas materias primas ou mesturas en termos de rendemento e pureza.

  • Definición dos requisitos legais, técnicos e normativos para deseñar a futura planta industrial.

  • Adquisición de equipamento básico de laboratorio (rotavapor e bomba) para cristalización controlada.

  • Avaliación da viabilidade comercial das sales obtidas como ingredientes en diversos sectores.

  • Identificación dos trámites necesarios para rexistro e comercialización nos sectores veterinario, nutracéutico e de alimentación funcional.

  • Exploración de vías de colaboración con cofrarías, empresas de transformación, cocedeiros e entidades locais.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes  produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementan melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)