Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MERCA FRESCO EN SAN AGUSTÍN

O proxecto “Merca fresco en San Agustín” ten como obxectivo modernizar os servizos do mercado municipal mediante a instalación dun sistema de taquillas refrixeradas con aproximadamente 16 compartimentos, que permitirá conservar temporalmente os produtos do mar adquiridos e facilitar a súa recollida en horarios máis amplos. Esta actuación mellorará a experiencia de compra da clientela, favorecerá a conciliación e contribuirá a facer o mercado máis accesible e adaptado aos novos hábitos de consumo.

Como accións complementarias, prevese a distribución de bolsas isotérmicas para garantir a correcta conservación dos produtos durante o seu transporte e de folletos informativos con recomendacións sobre o uso das taquillas e boas prácticas de conservación e consumo responsable. Así mesmo, realizaranse accións informativas dirixidas ás persoas vendedoras do mercado para fomentar o uso do novo servizo e mellorar a coordinación coa clientela.

En conxunto, o proxecto busca reforzar a cadea dos productos do mar, procedentes en gran parte da Lonxa da Coruña, dinamizar a actividade comercial do mercado e ampliar o seu público, especialmente entre as persoas máis novas. Estas actuacións contribúen á modernización do Mercado de San Agustín, mellorando a calidade do servizo, promovendo o consumo de proximidade e avanzando cara a estándares de excelencia nos mercados municipais.

Datos xerais
Acrónimo: 
MERCA FRESCO EN SAN AGUSTÍN
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE A CORUÑA
Datos de interese: 
Concello de A Coruna
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
16/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Concello de A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
35035,55 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
35035,55 €
Total axuda pública aprobada (€): 
35035,55 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
24524,89
FEMP (%): 
70
CA (€): 
10510,66
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como obxectivo modernizar os servizos do Mercado Municipal de San Agustín mediante a incorporación dun sistema de taquillas refrixeradas que permita mellorar a conservación dos produtos do mar adquiridos nos postos e facilitar a súa recollida en horarios máis amplos. Con isto preténdese adaptar o mercado aos novos hábitos de consumo, mellorar a experiencia de compra e favorecer o acceso de novos perfís de consumidores, especialmente da poboación nova. Así mesmo, busca reforzar a comercialización e valorización dos produtos pesqueiros de proximidade, procedentes en gran medida da Lonxa da Coruña, e contribuír á dinamización e competitividade do comercio local.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A posta en marcha do novo servizo permitirá mellorar as condicións de conservación dos produtos do mar desde a súa adquisición ata a súa recollida por parte da clientela, reforzando a cadea de frío e facilitando un transporte adecuado ata o domicilio. As taquillas permitirán, ademais, unha maior flexibilidade horaria, reducindo as limitacións para recoller as compras e adaptando o mercado ás necesidades actuais da cidadanía. O proxecto contribuirá a mellorar a experiencia de compra, ampliar o público potencial do mercado e reforzar a comercialización dos produtos pesqueiros de proximidade, especialmente os procedentes da Lonxa da Coruña. En conxunto, a actuación favorecerá a modernización e dinamización comercial do Mercado de San Agustín e a súa adaptación aos novos modelos de consumo.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto contempla o subministro, instalación e posta en funcionamento dun sistema de taquillas refrixeradas, con aproximadamente 16 compartimentos, situado no exterior do mercado para facilitar o acceso da clientela. A actuación complétase coa distribución de bolsas isotérmicas para garantir a conservación dos produtos durante o seu transporte ata o domicilio e coa elaboración de folletos informativos sobre o funcionamento das taquillas, a conservación dos produtos do mar e o consumo responsable. Tamén se realizarán accións de información dirixidas ás praceiras e praceiros para facilitar a integración do novo servizo na actividade habitual dos postos e accións de difusión destinadas a dar a coñecer o servizo entre a cidadanía.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1 - Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. -  Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)