
O Concello de Ares promove o proxecto Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas, unha iniciativa orientada a mellorar a saúde física e emocional de mulleres superviventes de cancro de mama a través do remo adaptado e doutras actividades vinculadas ao medio mariño. Como parte do proxecto, adecuarase un edificio de titularidade municipal situado na punta do Castelo de Redes para dotar ás participantes dun espazo onde complementar a práctica deportiva e desenvolver actividades formativas e divulgativas relacionadas co medio mariño, favorecendo a súa recuperación física, o seu benestar e o coñecemento do patrimonio natural e marítimo de Ares.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Impulsar un programa de remo adaptado dirixido a mulleres superviventes de cancro de mama, complementado con actuacións orientadas á súa rehabilitación física e psicolóxica.
- Mellorar a saúde física e o benestar emocional das participantes mediante a práctica deportiva e actividades adaptadas.
- Favorecer a inclusión social e a cohesión do grupo a través da participación en actividades desenvolvidas no medio mariño.
- Promover o coñecemento e o respecto polo medio mariño da ría de Ares mediante actividades de carácter divulgativo e educativo.
- Contribuír á dinamización do territorio e á posta en valor da identidade mariñeira de Ares.
- Desenvolver unha iniciativa innovadora con potencial para servir de referencia noutros programas de deporte adaptado e rehabilitación.
- Mellora das condicións de accesibilidade, seguridade e confort para a práctica do remo adaptado e o desenvolvemento de actividades educativas.
- Optimización da rehabilitación física das participantes e maior continuidade na práctica deportiva ao dispoñer dun espazo axeitado para o desenvolvemento das actividades.
- Reforzo do coñecemento e da sensibilización sobre o medio mariño e o patrimonio natural da ría de Ares.
- Incremento da participación das mulleres nas actividades do proxecto e da súa satisfacción coas actividades e as instalacións.
- Maior visibilidade do deporte adaptado como ferramenta de inclusión social e promoción da saúde.
- Adecuación dun edificio municipal situado na punta do Castelo de Redes para o desenvolvemento de actividades complementarias ao remo adaptado.
- Dotación dunha sala de adestramento mediante a adquisición e instalación de equipamento deportivo específico para a práctica do remo adaptado.
- Organización de charlas formativas sobre as especies acuáticas presentes na ría de Ares, impartidas pola Confraría de Pescadores de Ares.
- Desenvolvemento de rutas marítimas de avistamento ornitolóxico na ría de Ares.
- Realización de rutas en kaiak para favorecer o coñecemento e a sensibilización sobre o medio mariño da ría de Ares.
Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

