
Este proxecto ten como finalidade crear un produto turístico mariñeiro baseado na posta en valor da actividade marisqueira e do patrimonio marítimo-pesqueiro de Pontedeume como elemento de identidade cultural e recurso para un turismo sostible. Para iso, combina accións formativas, o deseño dunha ruta turística con soporte dixital e versión imprimible, a realización dunha experiencia piloto con andaina, obradoiro e degustación de produto local, así como un plan de comunicación para reforzar a visibilidade da iniciativa. O proxecto desenvólvese en colaboración coa Confraría de Pescadores de Pontedeume, promovendo a transmisión do coñecemento tradicional, a valorización do patrimonio mariñeiro e o consumo de produto pesqueiro local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Crear un produto turístico mariñeiro baseado na posta en valor da actividade marisqueira e do patrimonio marítimo-pesqueiro de Pontedeume.
- Reforzar as capacidades profesionais das mariscadoras mediante accións formativas orientadas á valorización do produto, á comunicación e ás competencias dixitais aplicadas ao turismo mariñeiro.
- Favorecer a diversificación da actividade pesqueira mediante o impulso dun modelo de turismo sostible vinculado aos recursos e tradicións do mar.
- Promover o coñecemento e a difusión do patrimonio marítimo-pesqueiro e do produto pesqueiro local, fortalecendo a identidade mariñeira do territorio.
- Produto turístico mariñeiro desenvolvido para a valorización da actividade marisqueira e do patrimonio marítimo-pesqueiro de Pontedeume.
- Mariscadoras participantes con formación en valorización do produto, comunicación e competencias dixitais aplicadas ao turismo mariñeiro.
- Ruta turística dispoñible en formato dixital e imprimible para divulgar o patrimonio marítimo-pesqueiro e a identidade mariñeira do municipio.
- Experiencia piloto realizada mediante unha andaina interpretativa, un obradoiro e unha degustación de produto pesqueiro local.
- Maior difusión e visibilidade da actividade marisqueira, do patrimonio mariñeiro e do produto pesqueiro local a través das accións de comunicación do proxecto.
O proxecto estrutúrase arredor dun conxunto de actuacións orientadas á creación dun produto turístico mariñeiro baseado na posta en valor da actividade marisqueira e do patrimonio marítimo-pesqueiro de Pontedeume.
- Desenvolvemento dunha acción formativa dirixida ás mariscadoras para reforzar as súas capacidades en valorización do produto, comunicación e competencias dixitais aplicadas ao turismo mariñeiro.
- Deseño dunha ruta turística con soporte dixital e versión imprimible para divulgar o patrimonio marítimo-pesqueiro e a identidade mariñeira do municipio.
- Organización dunha experiencia piloto integrada por unha andaina interpretativa, un obradoiro e unha degustación de produto pesqueiro local.
- Desenvolvemento dun plan de comunicación para reforzar a difusión e visibilidade do proxecto e do produto turístico creado.
Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

