
Este proxecto ten como finalidade consolidar un modelo de formación avanzada e promoción da gastronomía mariñeira sostible no Concello de Miño, fortalecendo a cadea de valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais. A iniciativa combina accións formativas, actividades de cooperación entre o sector pesqueiro e a hostalaría, e actuacións de promoción gastronómica orientadas a potenciar o consumo de produtos do mar de proximidade, fomentar a innovación culinaria e reforzar a identidade gastronómica do municipio a través do Bolo Mariñeiro de Miño.
O proxecto conta coa colaboración e o apoio da Cofradía de Pescadores de Miño e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, reforzando a cooperación entre o sector pesqueiro, a restauración e as entidades comprometidas coa valorización dos recursos mariños e o desenvolvemento sostible do territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Consolidar un modelo estable e innovador de formación avanzada e promoción da gastronomía mariñeira sostible no Concello de Miño.
- Fortalecer a cadea de valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais mediante a cooperación entre o sector extractivo, transformador e a hostalaría.
- Mellorar a capacitación técnica dos profesionais da restauración e fomentar a incorporación continuada de produtos do mar de proximidade nas súas propostas gastronómicas.
- Impulsar a innovación culinaria baseada en criterios de sustentabilidade e economía circular, promovendo un maior aproveitamento dos recursos pesqueiros.
- Reforzar a identidade gastronómica do municipio a través da promoción e valorización do Bolo Mariñeiro de Miño como elemento representativo do territorio.
- Mellora da calidade da oferta gastronómica dos establecementos de restauración mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos nos obradoiros de cociña mariñeira.
- Incremento da cooperación entre hostaleiros, confrarías, peixeiros, produtores locais e outras entidades do territorio, favorecendo a creación de sinerxías e o traballo en rede.
- Maior valorización dos produtos do mar do territorio, promovendo a súa incorporación á oferta gastronómica local e reforzando o seu consumo de proximidade.
- Sensibilización do sector da restauración sobre a importancia do consumo responsable, das cadeas curtas de subministración e da sustentabilidade ambiental.
- Consolidación do Bolo Mariñeiro de Miño como prato identitario e elemento diferenciador da gastronomía do municipio.
- Favorecemento da integración de novos profesionais da hostalaría, incluídos negocios impulsados por persoas migrantes, mediante accións formativas adaptadas ao coñecemento da cociña mariñeira e dos produtos pesqueiros locais.
O proxecto estrutúrase arredor de distintas actuacións orientadas á formación, á cooperación entre o sector pesqueiro e a hostalaría, á promoción dos produtos do mar e á difusión da gastronomía mariñeira local. Entre as principais actividades previstas destacan:
- Planificación, coordinación e xestión das actuacións previstas, incluíndo a definición da estratexia e a coordinación cos establecementos hostaleiros, o profesorado e as entidades colaboradoras.
- Desenvolvemento de actividades formativas, con obradoiros especializados en cociña mariñeira, persoal docente, material didáctico e os recursos necesarios para a súa realización.
- Organización de encontros profesionais e actividades de valorización dos produtos pesqueiros, incluíndo o evento de promoción do Bolo Mariñeiro de Miño.
- Execución das accións de comunicación e difusión do proxecto, mediante actualización da web, redes sociais, notas de prensa, cuñas de radio e elaboración de materiais divulgativos.
Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

