
As actividades céntranse en tres ámbitos principais: bautismos de mar e madeira, cursos de iniciación á navegación tradicional e participación en eventos de promoción da cultura mariñeira. Para desenvolvelas combínanse accións en terra —visitas guiadas, formación en seguridade e navegación, e coñecemento das embarcacións tradicionais— con actividades no mar, como saídas prácticas en embarcacións tradicionais, percorridos pola ría e participación en encontros de embarcacións tradicionais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Que a transmisión da cultura popular do mar e dos saberes da navegación tradicional continúe e non se perda nesta xeración.
- Fomentar entre a sociedade unha aproximación reflexiva á nosa ría e á súa realidade humana e natural.
- Axudar a dignificar o traballo no mar, amosando a realidade diaria dos profesionais na ría de Pontevedra.
- Transmitir unha serie de valores positivos como a conservación do patrimonio, a concienciación ambiental, o intercambio xeracional e a práctica do deporte da vela.
- Potenciar a integración das persoas con discapacidade, programando actividades especificamente deseñadas para elas.
- Abrir aínda máis a nosa asociación á sociedade, coa esperanza de que compartir tempo e coñecemento con persoas interesadas sexa a mellor forma de garantir a continuidade da propia entidade
- O desenvolvemento social e a mellora na conservación e posta en valor dos recursos patrimoniais (culturais e naturais) marítimo pesqueiros como sinal de identidade do territorio e da cultura mariñeira.
- Incremento do coñecemento do patrimonio inmaterial marítimo pesqueiro.
- A diversificación económica a través dun proxecto vinculado ao mundo da pesca pero baseado nunha serie de actividades ligadas ao turismo mariñeiro e sustentable.
- Incremento da desestacionalización da oferta turística do territorio a través da diversificación da oferta de actividades, non só turísticas, senón culturais, patrimoniais, de ocio e lecer, entre outras.
- A promoción da cohesión social e a igualdade, así como da accesibilidade universal nas infraestruturas, instalacións e equipamentos marítimo pesqueiros
|
Por un lado están os bautismos de mar e madeira, que van ser unha serie de saídas de navegación (10 saídas de 4 horas de duración cada unha) orientadas a ofrecer aos participantes un primeiro contacto coa navegación nunha embarcación tradicional.
Polo outro temos o curso de iniciación á navegación tradicional, que vai consistir nunha formación teórico-práctica de 20 horas de duración dividida en 5 xornadas e da cal vanse poder beneficiar un total de 20 persoas (divididas en dous grupos de 10 individuos).
E finalmente a participación en eventos dentro do territorio da ría de Pontevedra con presenza de embarcacións tradicionais galegas (como o festival do cine do mar de Marín, o encontro de embarcacións tradicionais de Bueu, a festa do mar de Combarro e a feira franca de Pontevedra)
|
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Aproveitamento do patrimonio natural e cultural
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

