Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ESTABLECEMENTO TURÍSTICO E CULTURAL JAVIOTA ONS

O proxecto consiste na creación dun complexo cultural e de turismo creativo nun enclave de alto valor paisaxístico e cultural, cunha relación directa coa illa de Ons, entendida como símbolo de resistencia, memoria e biodiversidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00127
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Javiota Ons, S.L
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade Limitada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
PE155A - ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
21/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
2026-2028
Data fin de execución: 
31/10/2028
Ámbito de aplicación: 
-
Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
482.361,25 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
443.894,07 €
Total axuda pública aprobada (€): 
74.792,28 €
% Subvención: 
16,8
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
52.354,60 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
22.437,68 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto contribúe aos obxectivos das políticas culturais europeas ao promover a diversidade cultural en contornos rurais, fomentar a participación cidadá e o acceso á cultura, salvagardar e reinterpretar o patrimonio cultural inmaterial, impulsar modelos de turismo sostible e creativo e apoiar a creación contemporánea vinculada ao territorio.

Trátase dun proxecto integral que combina infraestrutura cultural, creación artística, memoria visual e compromiso co territorio. Desde Bueu e coa Illa de Ons como horizonte simbólico, o proxecto aspira a contribuír á construción dunha cultura visual contemporánea, crítica e participativa, en diálogo coa tradición da fotografía galega e cos valores culturais europeos.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Oferta dun novo espazo turístico, cultural e de creación en Bueu que permita atraer novos perfis de visitantes.

- Promoción da diversidade cultural en contornos rurais, fomento da participación cidadá e do acceso á cultura.

- Contribución á desestacionalización do turismo en Bueu cunha proposta cultural durante todo o ano, permitindo así a reducción do impacto sobre os recursos locais.

- Valorización turística e salvagarda do patrimonio inmateiral ligado á estadía de Luís Ksado, Carlos Velo ou Pepe Suárez en Bueu nos anos 30 e divulgación da súa obra.

- Visibilización da actividade artística e intelectual da vila de Bueu durante os anos 30, poñendo en valor a pegada que a estadía destes persoeiros deixou en toda a súa obra posterior.

- Elaboración dun arquivo visual que sirva de base para futuras publicacións e accións de difusión sobre a Illa de Ons.

Principais actividades do proxecto: 

As principais actividades a desenvolver no marco do proxecto son:

1 Rehabilitación dunha casa tradicional de pedra de aproximadamente 75m2, que funcionará como zona comunitaria e espazo cultural principal e albergará un estudo de creación visual dotado de maquinaria para fotografía analóxica, incluíndo revelado e copiado, xunto cunha área dixital para a edición e finalización dos proxectos. A zona comunitaria inclúe un salón multiusos de 60 m2 destinado a funcionar como galería expositiva e sala de proxección cinematográfica, orientado á difusión de proxectos autorais contemporáneos, con especial atención ao novo cinema galego e ás prácticas audiovisuais ligadas ao territorio. O espazo complétase cunha cociña compartida, zonas de traballo común e unha área exterior vinculada ás actividades culturais.

2 Edificación de dous novos apartamentos turísticos de unha chave integrados de maneira respectuosa no entorno rural, que permitirán aloxar artistas e creadoras en residencia, dar acollida a persoas convidadas, investigadoras e participantes nas actividades culturais, así como recibir visitantes interesados nun modelo de turismo cultural e creativo.

3 Proposta de actividades e de experiencias turísticas sustentables relacionadas coa temática do proxecto ao redor da creación artística, a divulgación e os recursos naturais costeiros.

4 Acondicionamento do terreo circundante, habilitándoo como espacio de creación e de lecer que complemente a proposta turística e cultural.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

Outras (Restauración, hostalaría)

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)