Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DA TRAZABILIDADE NO PUNTO DE CONTROL DE "A SECA”

O proxecto consistirá nas seguintes actividades:

  1. Adquisición de equipos para o control da trazabilidade:

– Unidade de xestión e control de pesaxe formada por un controlador de baixo consumo, pantalla táctil antihumidade, etiquetadoras, impresora de tickets, impresora e lector de tarxetas RFID.

- Módulo de control de identificación, pesaxe, etiquetado e trazabilidade: o sistema permite o etiquetado segundo a normativa vixente, a emisión de tickets de pesaxe para cada mariscador/a e a exportación dos datos para a súa inclusión no sistema de xestión da lonxa e na plataforma pescadoartesanal.com

-Unidade de pesaxe: tres plataformas de pesaxe con control individualizado de cada plataforma con tres visores de comunicación IP que permiten o manexo individualizado e remoto dende calquera posto de rede.

  1.  Contratación de persoal: como parte do proxecto levarase a cabo a contratación dunha persoa que será a encargada de realizar tarefas de vixilancia, control e manexo do novo sistema de trazabilidade no punto de control de A Seca.

Curso de formación: como parte do proxecto impartirase un curso formativo para capacitar as /os mariscadoras/es no manexo dos novos equipos e a importancia do seu emprego.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores San Telmo
Datos de interese: 
www.cofradiasantelmo.com
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
09/09/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
04/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Pontevedra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.796,40 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
42.504,80 €
Total axuda pública aprobada (€): 
34.003,84 €
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
28.903,26 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
5.100,58 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Con este proxecto a Confraría de pescadores pretende a mellora da trazabilidade no punto de Control que a Confraría ten na zona de marisqueo de A Seca. O Punto de control está equipado con máquinas clasificadoras e algunas básculas para pesar os moluscos extraídos do banco marisqueiro da Seca. Para completar o proceso, colocaranse as básculas necesarias para que as pesadas de todas as categorías de tamaño do molusco, se integren directamente no sistema de Xestión da Confraría permitindo identificar mediante unha tarxeta pesoal o produto extraído por cada mariscador/a.

Isto facilitará o traballo do persoal da Lonxa respecto a incorporación dos arribos á plataforma de venda conxunta das lonxas da Ría, pescadoartesanal.com.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Disposición automática no sistema de Xestión das pesadas dos moluscos recollidos polas mariscadoras que traballan a pé no Banco Marisqueiro de A Seca.

Principais actividades do proxecto: 

- Instalación do equipamento para o Punto de control e integración dos valores obtidos nas pesadas de forma automática no sistema de Xestión da Lonxa.

- Subida automática das capturas á plataforma "pescadoartesanal.com"

- Creación dun posto de traballo para o control e vixilancia do punto de control de "A Seca".

- Curso de formación para o persoal contratado e para as persoas da agrupación que colaboran no control.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

O proxecto contribúe a aumentar a garantía de trazabilidade do Punto de Control de A Seca do produto marisqueiro capturado pola Confraría de Pescadores San Telmo, á vez que promove o uso e a comercialización de dito produto  a través da plataforma de venda conxunta das lonxas da Ría pescadoartesanal.com e crea un posto de traballo.

Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)