Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra inicia un procedemento de contratación de persoal

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra aproba iniciar un procedemento de contratacion de persoal

 
 

 O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Técnico para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

As condicións e requisitos pódense consultar nas bases que regularán este proceso de selección, que estan dispostas na páxina web https://galp.xunta.gal/, ou chamando o teléfono: 982 280 313.

As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles, contados dende a última publicación nos medios indicados na Base 4.1, debendo realizarse segundo o modelo que se xunta como Anexo I ás Bases, no Rexistro do despacho SERVICIOS DE AUDITORÍA Y CONSULTING DE EMPRESAS, S.L. (SACE) , sito en Pza. Maior, 30, 4º, 27001 (Lugo), ou ben, por correo electrónico dirixido á dirección: sace@sace.es.

Convocatoria

Bases de contratación da convocatoria

Temario das probas escritas

Modelos da convocatoria: