Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

“Rectificación de erros da proposta provisional de aprobación de proxectos” está bloqueado Rectificación de erros da proposta provisional de aprobación de proxectos

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra , á vista de informe da xerencia que advierte da comisión de erros na formulación dos Anexos á proposta, acordou a rectificación da proposta provisional de aprobación de proxectos que se xunta a continuación. Darase traslado aos promotores dos proxectos afectados por estas rectificacións para a formulación das alegacións que consideren oportunas outorgándolles un prazo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación. Nos seguintes enlaces poden consultarse o Anexo I ao que afecta á rectificación da proposta de aprobación:

ANEXO I - RECTIFICACIÓN DE PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 1ª - 2020, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra este acordo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.