Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Taller de asesoramento a promotores

O GALP Ría de Pontevedra percorre todos os Concellos do seu ámbito territorial realizando Talleres para o asesoramento daquelas persoas que teñan proxectos relacionados co mar. En horario de mañá e tarde en cada un dos Concellos se realizarán estes talleres que finalizarán o vindeiro luns día 24 no concello de Pontevedra, no local da Confraría de Pescadores San Telmo na Rúa Pontenova.

O primeiro dos talleres realizouse na mañá de hoxe luns en Marín e continuará pola tarde enfocado aos proxectos non produtivos na aula de formación do Espazo Emprendedor do Concello de Marín.

Mañá Bueu, mércores en Meaño, xoves en Sanxenxo e venres en Poio completan o calendario proposto polo GALP Ría de Pontevedra.

A convocatoria de proxectos de este ano conta cun amplo orzamento tanto para proxectos produtivos - máis de 1,5 millóns de euros coma non produtivos - 0,5 millóns de euros.

Unha das condicións para que os proxectos sexan financiables é que encaixen nos obxectivos da estratexia de desenvolvemento (EDLP) do GALP ría de Pontevedra. Por este motivo, o GALP achega a todos aqueles interesados os obxectivos e indicadores da EDLP.