Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

BURELA ALUMEA: O ESPELLO DO FARO

Proxecto enfocado na posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial marítimo burelense. Ao longo das actividades do proxecto, a veciñanza burelá participará activamente recompilando, recuperando e rehabilitando elementos culturais que transmiten e dan vida á tradición e cultura mariñeira que explica a identidade e a historia da vila. O sector pesqueiro e a mocidade terán o papel protagonista, sendo voz, imaxe e difusores dos contidos do proxecto. A actividade central do proxecto consiste na reparación e posterior concurso para a decoración do exterior (mediante materiais que permitan a posta en marcha da economía circular) do molde empregado para a reparación do Faro de Burela tras o temporal do 2014. A recuperación e difusión do patrimonio inmaterial será a cargo da mocidade a través de obradoiros contando coa colaboración do sector pesqueiro, empregando a radio e a fotografía como canles e afondando na identidade e na historia da vila vencellada ao mundo do mar, así como na importancia do coidado medioambiental para a sostibilidade do patrimonio e da actividade económica que supón o sector pesqueiro. A xornada final será unha presentación pública do proxecto, o molde do Faro acondicionado, decorado e iluminado; así como as fotografías e testemuñas arredor do patrimonio inmaterial e o coidado ambiental. O produto pesqueiro estará presente nesta xornada de resultados, achegando o consumo de peixe ás novas xeracións, nesta xornada faranse visibles as opcións formativas e laborais arredor do sector do mar, contacto coa participación de axentes clave no territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2024-00074
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE BURELA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2024 e 2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.754,50 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
54.754,50 €
Total axuda pública aprobada (€): 
54.754,50 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.328,15 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
16.426,35 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Recuperar o patrimonio cultural material ligado ao mar e convertelo nun atractivo para a dinamización socioeconómica de Burela.

- Fomentar a recuperación do patrimonio inmaterial do mar e cultura mariñeira, dunha maneira participativa, promovendo a conexión entre a mocidade e as persoas maiores da vila, e o sector marítimo pesqueiro.

- Reforzar a identidade de Burela, como vila que depende da economía do mar, e que mantivo a conexión histórica con esta actividade, reforzando a sinerxía co entramado artístico da vila.

- Reforzar a visión que ten o sector pesqueiro no respecto ao medio mariño e os recursos, como factores que inciden na sustentabilidade da actividade pesqueira.

- Comunicar e difundir, en primeira persoa, a cultura mariñeira da vila a través dos e das súas protagonistas.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Creación dunha obra artística "O Espello do Faro" que sexa punto central na definición dun itinerario turístico ligado á cultura mariñeira da vila, en liña con outras obras, como o mural mariñeiro de "Burela o mar e as súas xentes" ou o Barco museo.

- Realización de episodios de radio e fotografía desenvoltos pola mocidade, que dén voz á historia mariñeira da vila, e que sirvan de soporte para as narracións vivas das e dos protagonistas que conforman unha parte da identidade burelá.

- Actividades de intercambio xeracional arredor da cultura mariñeira: os oficios tradicionais, a historia burelá vinculada ao mar, os obxectos do pasado e do presente, a importancia do coidado do medio para o desenvolvemento local, etc.

- Xornada de valorización de resultados do proxecto onde se porá de valor o produto pesqueiro local, promovendo a sinerxía cos centros de ensino e o sector pesqueiro.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Programa de divulgación da cultura do mar para reforzar o papel activo da mocidade na divulgación do patrimonio e a sostibilidade do medioambiente mariño.
1.1. Obradoiro de Radio e fotografía: contando co Grupo de Participación Adolescente (GPA), organizaranse 3 obradoiros arredor da cultura e o patrimonio mariñeiro, empregando a radio e a fotografía como fío condutor que narre os avances e contidos deste proxecto, así como a realización de entrevistas a persoas do mundo do mar que potencien o patrimonio cultural inmaterial da vila.
1.2. Coñecendo e difundindo o patrimonio mariñeiro. Realización dun obradoiro interxeracional, no que compartir obxectos, imaxes e historias arredor do mundo do mar. O obradoiro realizarase en colaboración coa asociación "A Moncloa" e outros colectivos do sector pesqueiro (pescadores, armadores, fareros...) participando o GPA. Este obradoiro reforzará o papel que xoga a economía e o produto pesqueiro no desenvolvemento de Burela.
1.3. Coñecendo e difundindo os oficios tradicionais. Realización dun obradoiro coa Asociación de redeiras Cabo Burela onde se valorice este oficio tradicional. Potenciarase a participación da mocidade para reforzar o seu interese sobre este oficio, enfocándoo no coidado medioambiental e os oficios artesáns. Contén o material necesario e a remuneración a estas profesionais.

Actividade 2. Moldearte: arte sobre o molde do Faro. Farase un concurso artístico para decorar o molde.
2.1. Concurso aberto a artistas locais, con dotación económica, centrando a temática na vida mariñeira e a vinculación desta en toda a Mariña Lucense. Comprendería a actuación sobre o molde do Faro a través de técnicas artísticas e unha iluminación eficiente enerxéticamente, para a posta en valor do espello do Faro como estructura representativa da vida mariñeira burelá. Na realización da obra, aproveitaranse elementos de refugallo co obxectivo de potenciar a economía circular.

Actividade 3. Xornada final e Bureliña. O espello do Faro remata cunha xornada de presentación de resultados do proxecto e a inauguración da obra artística, acompañado dunha degustación de produto pesqueiro.
3.1.  Xornadas de presentación de resultados do proxecto, en colaboración coas entidades e persoas participantes.
3.2. Degustación de produto pesqueiro local, en colaboración co IES de Foz, no cal se desenvolven ciclos formativos de cociña, gastronomía e servizos. Realizaranse elaboracións con produto pesqueiro ou conserva  local, colaborando o alumnado do centro e potenciando estes como alimentos saudables.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)