Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Curso Habilidades Sociais e Atención ao Público


Se participas en iniciativas de pesca-turismo ou turismo mariñeiro, ou estás a pensar en emprender, este curso é para ti. 

Unha formación titorizada e 100% online, pensada para que aprendas a:

  • Comunicar mellor coas persoas visitantes
  • Xestionar a atención ao público cun trato profesional e cercano
  • Ofrecer experiencias seguras e coidadas tanto a bordo como en terra

Terás un mes para facelo ao teu ritmo e, ao rematar, recibirás un certificado acreditativo que recoñece as túas competencias.

Duración: 15 h

Formato: Online, con titorización semanal

Público: Profesionais do mar, armadores e traballadores do sector pesqueiro, mariscadoras, redeiras…

Inscricións abertas aquí: https://f.mtr.cool/fyaqsyeqch

Vía Mar e Rías Pesca & Turismo.-Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70%) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30%).