Wednesday, 11 de February de 2026 - 01:02

Se participas en iniciativas de pesca-turismo ou turismo mariñeiro, ou estás a pensar en emprender, este curso é para ti.
Unha formación titorizada e 100% online, pensada para que aprendas a:
- Comunicar mellor coas persoas visitantes
- Xestionar a atención ao público cun trato profesional e cercano
- Ofrecer experiencias seguras e coidadas tanto a bordo como en terra
Terás un mes para facelo ao teu ritmo e, ao rematar, recibirás un certificado acreditativo que recoñece as túas competencias.
Duración: 15 h
Formato: Online, con titorización semanal
Público: Profesionais do mar, armadores e traballadores do sector pesqueiro, mariscadoras, redeiras…
Inscricións abertas aquí: https://f.mtr.cool/fyaqsyeqch
Vía Mar e Rías Pesca & Turismo.-Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70%) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30%).

