Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROMOCIÓN E DIFUSIÓN NAS ESCOLAS DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL DA CULTURA E TRADICIÓN MARÍTIMO-PESQUEIRA, PROMOCIÓN DA SOSTENIBILIDADE E DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE A TRAVÉS DO TEATRO DE TÍTERES.

O proxecto consiste na realización dun circuito escolar de títeres. O obxectivo principal do proxecto consiste en promover, dun xeito lúdico e participativo, a cultura e tradición marítimo-pesqueira, a sostenibilidade medioambiental e a alimentación saudable entre os escolares do territorio do GALP A Mariña-Ortegal. Daranse a  coñecer estes valores entre a poboación infantil, favorecendo así a súa posta en práctica, a súa preservación e transmisión ás xeneracións futuras.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACION CULTURAL TANQUE DE ZINC
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Febreiro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
08/08/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2025
Data fin de execución: 
13/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Os trece concellos que abranguen o territorio da Mariña-Ortegal: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
23.250,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
23.250,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
23.250,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
16.275,00 €
FEMP (%): 
70,0
CA (€): 
6.975,00 €
CA (%): 
30,0
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Promocionar a cultura e a tradición marítimo-pesqueira da zona xeográfica definida polo GALP A Mariña-Ortegal.

- Destacar a importancia da sostenibilidade medioambiental e o coidado do medio ambiente marítimo para a preservación dos recursos naturais e paisaxísticos, destacando o valor e a beleza deses recursos e entornos naturais.

- Dar a coñecer entre os mais novos a grande oportunidade que supoñen os recursos pesqueiros para unha alimentación completa, saudable e de proximidade. A importancia da cultura gastronómica que, ao longo de xeracións, se ten desenvolvido en torno aos productos do mar .
 E transversalmente:
 - Promover valores de igualdade ao presentar figuras femininas emprendedoras e masculinas corresponsables dos traballos domésticos e de coidados.
 - Amosar unha visión inclusiva e normalizada da diversidade, e de colectivos presentes no ámbito pesqueiro e tradicionalmente obxecto de diferenciación ou discriminación, como o colectivo inmigrante.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os principais resultados agardados, en liña cos obxectivos propostos, consisten en:
 - Difusión e promoción da cultura pesqueira e mariñeira nos centros educativos do territorio do GALP; 
 - Destacar ante os escolares a grande importancia dos recursos pesqueiros, culturais e paisaxísticos da zona, así como do interés e da necesidade de xestionalos de xeito sostible para a súa preservación

- Fomento da alimentación sana e nutricionalmente completa a través do consumo de productos pesqueiros e de acuicultura de proximidade, destacando os existentes no territorio.

Ao dar a  coñecer estes valores entre a poboación infantil, espérase favorecer a súa posta en práctica, a súa preservación e transmisión ás xeneracións futuras, mellorar o relevo xeneracional das actividades pesqueiras e que teña continuididade unha alimentación e cultura gastronómicas sostibles e baseadas na calidade e proximidade.

Principais actividades do proxecto: 

A actividade a realizar consistirá nun circuito teatral no que se exhibirá unha obra de títeres creada pola compañía Mircromina Teatro de Títeres, con sede en Mondoñedo (Lugo), creada específicamente por encargo da Asociación Cultural Tanque de Zinc para este proxecto. O circuito levarase a cabo en todos os centros de Educación Infantil e Primaria situados nos Concellos do territorio abarcado polo GALP A Mariña Ortegal:
As citadas actividades terán lugar en cada centro educativo, a razón dun pase en cada un deles, en horario lectivo. Realizaranse un total de 27 pases.


       

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.  

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 4.1. Facer do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro un elemento de identidade da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)