Jueves, 26 de Septiembre de 2019 - 08:09
A Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal en xuntanza celebrada o 26 de setembro de 2019, acordou aprobar a proposta de resolución provisional de proxectos que se adxunta:
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de Bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles, contados dende a data da súa publicación. No caso de non haber alegacións no prazo indicado, esta proposta pasará a ser definitiva, segundo o establecido no artigo 24.4 da Orde de Bases das axudas.