
Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao segundo dos seis parladoiros que o GALP A Mariña- Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.
A xornada terá lugar en Foz, o vindeiro Martes 1 de Outubro de 18:30-20:30, no CENIMA.
A temática está enfocada na promoción do consumo dos produtos pesqueiros, reforzando as súas propiedades nutricionais e saudables; potenciar novos aproveitamentos e elaboracións para xerar máis valor engadido nas producións pesqueiras e potenciar o consumo de produto local, maís sostible e respectuoso ambientalmente. Conectar ao sector do turismo e a restauración coa valorización dos produtos pesqueiros. Contaremos coas experiencias da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte, do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña e co IES de Foz, centro de referencia en formación gastronónica na Mariña.
A xornada estará estruturada do seguinte xeito:
- Presentación xeral da estratexia do GALP A Mariña-Ortegal e o programa de axudas FEMPA 2021-2027.
- Espazo de networking donde se compartan experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de proxectos innovadores, ligados ao desenvolvemento sostible.
- Espazo participativo, no que se fomente e apoie o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais, a creatividade de proxectos e oportunidades de negocio, empregando o FEMPA como unha ferramenta de apoio/financiamento para o desenvolvemento local participativo.
- Degustación de produto mariñeiro
Aforo limitado. Previa inscripción en https://forms.gle/eErvxSPf8L6CwT5d9

