Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XORNADA DIVULGACIÓN EDLP_GALP A MARIÑA-ORTEGAL_GastroMariña! Gastronomía da Mariña co producto pesqueiro.

Dende o GALP A Mariña-Ortegal temos o placer de convidarvos ao segundo dos seis parladoiros que o GALP A Mariña- Ortegal levará a cabo no territorio no presente ano 2024.

A xornada terá lugar en Foz, o vindeiro Martes 1 de Outubro de 18:30-20:30, no CENIMA.

A temática está enfocada na promoción do consumo dos produtos pesqueiros, reforzando as súas propiedades nutricionais e saudables; potenciar novos aproveitamentos e elaboracións para xerar máis valor engadido nas producións pesqueiras e potenciar o consumo de produto local, maís sostible e respectuoso ambientalmente. Conectar ao sector do turismo e a restauración coa valorización dos produtos pesqueiros. Contaremos coas experiencias da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte, do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña e co IES de Foz, centro de referencia en formación gastronónica na Mariña.

A xornada estará estruturada do seguinte xeito:

  • Presentación xeral da estratexia do GALP A Mariña-Ortegal e o programa de axudas FEMPA 2021-2027.
  • Espazo de networking donde se compartan experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de proxectos innovadores, ligados ao desenvolvemento sostible.
  • Espazo participativo, no que se fomente e apoie o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais, a creatividade de proxectos e oportunidades de negocio, empregando o FEMPA como unha ferramenta de apoio/financiamento para o desenvolvemento local participativo.
  • Degustación de produto mariñeiro

Aforo limitado. Previa inscripción en https://forms.gle/eErvxSPf8L6CwT5d9