Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA XUNTA DIRECTIVA DO GALP COSTA DA MORTE 2024

A Xunta Directiva do GALP Costa da Morte, en reunión celebrada o día 10 de abril de 2024, vista a proposta de resolución provisional do equipo técnico, e de conformidade cos criterios establecidos na EDLP e na “Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024”, aprobou PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL para os proxectos  presentados ao abeiro da citada Orde de Axudas, que pode consultarse no seguinte ficheiro:

https://galp.xunta.gal/costa-da-morte/proposta-de-resolucion-provisional-da-xunta-directiva-2024

A citada proposta de resolución provisional foi publicada no taboleiro de anuncios do Galp e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Outórgase un prazo de alegacións contra ela de 5 días hábiles computados dende a data de publicación, segundo o establecido no artigo 20.1 da citada Orde de Axudas. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado, a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da Orde de Axudas.